Nova conmemoración deste día especial no centro recuperando propostas de traballo interdepartamental como Ju(z)gar un libro pola portada, actividade na que o alumnado de 4°ESO realiza sinopses a partir de portadas de novelas da biblioteca nas materias de LC e LG mentras que os compañeiros e compañeiras de 1° BACH imaxinan portadas en E. Plástica a partir das sinopses dadas. Todas as súas creacións mostranse nunha exposición no vestíbulo do centro.
Xunto coas portadas, o ENDL elaborou bodegóns literarios sobre as lecturas de 1° e 2° ESO deste curso: Jules Verne e as mulleres planta, Atranco no banco, A filla do ladrón de bicicletas, Chamádeme Simbad, O achado do castro e O enigma de Santiago.
E para o profesorado, intercambio de libros no Amigo Invisible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario