jueves, 27 de diciembre de 2012

Os fillos do mar



Aviso: a historia que se esconde entre as páxinas desta novela atrapa igual que o anzol que pende do colo da descoñecida muller da portada do libro de Pedro Feijoo.

Simón é un arquitecto vigués de medio pelo que un día recibe unha chamada de parte dunha rica viúva moi coñecida na cidade. A señora proponlle restaurar a fonte que decora os xardíns do pazo familiar en Canido, case un símbolo da familia. Aínda que o encargo non parece estar á altura da súa profesión e as reticencias de traballar para unha casa cuxo cabeza de familia tiña sona de fascista, Simón vese obrigado polo pouco traballo que acostuma ter e acepta. O achado dunha antiga caixiña nunha cavidade debaixo da fonte desencadea toda a trama. A dona do pazo morre en estrañas circunstancias e sorprendentemente, Simón é chamado á lectura do testamento xunto cos dos fillos da viúva, Xulio Ascanio e Mariña.
Que relación pode ter Simón coa familia? Que significan as dúas antigas moedas de oro e o sobre que se reparten no despacho do avogado da familia o día da lectura do testamento? Que pasado se esconde tralo nome do pater familias?  De que cor é o mar?.
Mentres o adiviñades, acabaredes ata cansos de tanto ir e vir polas rúas de Vigo e arredores ao trepidante ritmo de Simón e Mariña.
E agora,  a ler. Seredes capaces de parar ao remate de cada capítulo? Apóstovos un real de a oito a que non...

sábado, 22 de diciembre de 2012

Bo nadal

 
 
Aproveitamos esta imaxe dos alumnos de 4º C que botaron unha man para dobrar as guías coas lecturas recomendadas para Nadal para desexarvos unhas felices festas e tempo para ler. Vémonos á volta.

martes, 18 de diciembre de 2012

Cápsulas del tiempo


Es lógico pensar que gran parte de los libros son reflejo de la época en la que se escribieron. También los hay que tratan de reflejar un momento histórico ya pasado. Lo que, tal vez, nunca nos hemos parado a pensar es que algunos libros atesoran pequeños objetos entre sus páginas que en alguna ocasión nos pudieron servir de marcapáginas o simplemente guardamos como testigos de un instante conviertiéndose así en cápsulas del tiempo.
La Universidad Complutense de Madrid ha estado catalogando y digitalizando sus fondos históricos y entre las hojas de los libros ha encontrado una variada cantidad de objetos organizados por temáticas que podéis ver en esta interesante muestra virtual de la Biblioteca Complutense.

viernes, 14 de diciembre de 2012

martes, 11 de diciembre de 2012

Delicioso suicidio en grupo


Un título curioso para un libro lleno de humor y sátira. Arto Paasilinna parte del dato de que Finlandia ha sido uno de los países con mayor tasa de suicidios del mundo para tejer la historia de un viaje hacia la esperanza.
La trama comienza cuando un fracasado hombre de negocios decide finalizar con su vida en un granero cercano a su casa de campo pero al llegar allí, se encuentra a un antiguo militar que ha tenido la misma idea  y al que se le ocurre salvar. Juntos, deciden posponer su decisión y dignificarla, en cierta modo. Llegan a la conclusión de que, tal vez, en el resto del país existan otras personas con su misma inquietud y ¿ por qué no convocarlas mediante un congreso de suicidas?. Algo que en un principio parece demasiado absurdo para que funcione se convierte en un éxito y de esta primera llamada surge un grupo de voluntarios a la muerte dispuesto a todo. Aprovechando que uno de los aspirantes a suicida tiene una flota de autobuses, planean emprender un viaje que se irá dilatando en el tiempo y en el espacio a fin de encontrar el lugar más apropiado para lanzarse hacia la muerte a doscientos por hora desde un autobús llamado "La flecha de la muerte". 
Pero, claro, un viaje tan largo da lugar a muchas historias personales: las tretas de un sami pastor de renos, un encuentro desafortunado con una tropa de hinchas medio nazis, las anécdotas de un "aguatragedias" que poco a poco van endulzando el ánimo del grupo, incipientes historias de amor, episodios cómicos en torno a la bebida...En fin, la novela no tiene desperdicio y bien merece la pena hacer caso a uno de sus personajes: "joder, vaya pandilla de tarados más cachonda. Me quedo para ver en qué para esto"

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Visita á Balaidos


Deixámosvos o vídeo que gravaron os profes de E. Física durante a visita ao estadio de Balaídos o pasado mes de novembro. Estreamos micrófono na biblioteca e nótase; a dobraxe de Álvaro e David, pese ao balbordo que facían os seus compañeiros decorando o recibidor para o Nadal, quedou bastante ben. Graciñas aos compañeiros de O recanto de Leo por asesorarnos.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Coeducamos?

Interesante web para desmontar estereotipos sobre a muller nos medios de comunicación con documentación, exemplos variados( videos de youtube, publicidade na radio, prensa, cine)  e enlaces de interese. Moi aproveitable. Creada polo grupo Comunicar.

sábado, 1 de diciembre de 2012

Radio encubierta

The boat that rocked
Director: Richard Curtis
Nacionalidad: Inglesa
Año de estreno: 2009

Nos encontramos en medio del Mar del Norte, desde donde un barco, tripulado por locutores de una estación de radio pirata, se dedica a esquivar la normativa del gobierno británico de emitir rock and roll solamente durante dos horas diarias. Pero la música tiene más fuerza que cualquier prohibición y es capaz de  conseguir que unos 25 millones de oyentes escuchen embelesados las canciones de los Rolling Stones, The Kinks, The Who, Beach Boys... para desesperación del primer ministro.
¿Por qué hay recomiendo esta película?. En primer lugar por su banda sonora, cuyos temas podéis escuchar seleccionados en el blog Exquisiteces .Después, por la buenísima interpretación de los actores que dan vida a los locutores de radio, personajes extremos que viven volcados en su profesión y por último, porque es una película estupenda para pasar el rato y reírse un poco.

viernes, 30 de noviembre de 2012

As linguas dos animais

Se fai pouco conmemoramos o Día contra a violencia de xénero, hoxe atopamos este conto entre un dos libros que imos incorporar na biblioteca. Trátase dunha colección de relatos da tradición oral, transcritos por Xosé Miranda, que testemuña a lexitimidade de certos comportamentos desde sempre:

Fai un labrego un día cazar e atopou unha cobra. Apuntoulle coa escopeta e xa a ía matar, cando ela lle falou e lle dixo:
- Non me mates. Se me matas, de min non sacarás nada e, se non me matas, concedereiche o don de entender as linguas dos animais. Entenderás todo canto falen. Pero non podes revelarlle este segredo a ninguén. Se o fas, morrerás no mesmo intre.
Concedeu o labrego a vida a serpe e ela agasallouno co don. Ó outro día, cando chegou cos bois da arada e lles deu de comer nas manxadoiras, sucedeu que a par dos bois estaba un burro. O burro preguntoulle ó boi:
- ¿Que tal te tratou o amo?
- Enchoume de traballo- contestou o boi.
E díxolle o burro:
- Porque queres. Fai o enfermo e non comas.
Pero, como o amo coñecía a linguaxe dos animais, botouse a rir, e pola tarde xunguiu o burro e o burro non quería tirar polo arado, pero o amo fartouse de darlle paos e non lle quedou outra ca arar.
Cando chegaron á noite, preguntoulle o boi:
- ¿Qué tal te trataron?
- Ben- dixo o burro.
- ¿E non se queixou da miña falta?
- !Maldita leva!. Dixo que se non te poñías ben mañá, que te leva ó matadoiro.
O amo estaba escoitando desde a cociña, onde ceaba, e riu sen podelo evitar. A muller quedou intrigada e quería saber por que ría. Pero o home non podía descubrir o segredo se non quería morrer. A muller enfadouse e marchou para a cama. E non melloraron as cousas para o outro día.  En fin, que nin se falaban, e o home empezou a pensar se non sería mellor contarllo todo para que se desenfadase.
Nesto, escoitou o capón que cantaba no muro da aira:
-!Cacaracá, cacaracá!
- ¿Cantas mulleres tes?- preguntoulle o can.
- Cacaracá. Tódalas pitas do curral.
- ¿E podes gobernarlas?
- Cacaracá. Se non podo, collo unha tralla. ¿Ou pensas que son como o amo, que non pode con unha?
O amo seguiu o consello e amañou o asunto sen necesidade de contar o segredo.

Da que pensar, non?

domingo, 25 de noviembre de 2012

25 de novembro, unha vez máis.


A nosa pequena aportación para este día. 
Club de lectura Pino Manso lendo

sábado, 24 de noviembre de 2012

Con Agustín Fernández Paz

Deixo a crónica que o meu compañeiro da biblioteca Juan Carlos fixo sobre un encontro literario moi especial.

O pasado luns, varias das rapazas do clube de lectura de 4º viron cumprido un dos seus soños: coñecer persoalmente a un dos seus autores favoritos: Agustín Fernández Paz. Foi unha tarde emocionante para as máis declaradamente fans ( “habendo Justins Biebers!”, como sinalaba o propio autor ). Deliciosa para todos os que compartimos ao redor dunha mesa de cafetería repleta de chocolates, refrescos de cola e pasteis (“os escritores tamén comemos” ), a xenerosa conversa do autor de Cartas de Inverno.
Foron máis de dúas horas que nos semellaron dez minutos (mágoa que os empregados da ORA non entendan da elasticidade do tempo). Máis de dúas horas nas que Agustín nos embelesou contándonos dende os seus autores favoritos (Valente, Kafka,…), ata as diferentes etapas do seu proceso creativo. Dende a súa dedicación tardía á literatura ata o blog que ven de estrenar. Dende as anécdotas con algún dos seus moitos lectores adolescentes ata as súas películas favoritas. Falounos, por suposto dos seus propios libros. Dos que para el son máis queridos. Daqueles cuio éxito lle resulta inesperado. E trouxonos, como presente, un dos célebres cadernos de follas amarelas nos que manuscribe as primeiras versión das súas obras.
En resumo, constatamos unha vez máis o certa que é aquela frase de Tapies que reza: “Para ser un gran artista cómpre ser unha gran persoa”. Só agardamos que a “ aperta en grupo” con a que o despediron as rapazas do clube, non lle teña deixado secuela física algunha.


Grazas á profesora de Lingua  Dorinda Castro por facilitar o contacto e levarlles ata Vigo. Tamén á Juan Carlos e á nai de Xandra que fixeron posible unha tarde non lectiva donde as alumnas aprenderon moito. E, coma non, a Agustín pola sua xenerosidade.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Rapoemas

Que mellor forma de celebrar o Día de Santa Cecilia, patrona da Música que unendo música e poesía? No libro- disco Rapoemas, a cantante viguesa Aid interpreta unha selección lírica galega a ritmo de rap. Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro cantados polos bardos do século XXI máis presto que nunca.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Jezabel


Recién llegada a la biblioteca, esta novela de Irène Némirovsky nos presenta una viuda de la alta sociedad de extraordinaria belleza llamada Gladys Eysenach  que se enfrenta a la justicia acusada de asesinato. La víctima es un estudiante desconocido y con pocos recursos al que acusan de ser su último amante. 
El caso genera una gran curiosidad; mientras en la sala se barajan multitud de hipótesis sobre las razones de Gladys, ella  rememora una parte de su vida. Desde su infancia con una madre despótica y carente de amor hacia ella- tal vez un retrato de la madre de la propia escritora- hasta el momento que marca un antes y un después en su vida: el descubrimiento del efecto que su belleza ejerce sobre los hombres. Un atributo que la convierte en una mujer egoísta y superficial a la que todo el mundo debe adorar. Pero el paso de los años no perdona a nadie y aunque tiene una fisionomía excepcional, no puede evitar que su hija deje de parecer una adolescente y que a su alrededor comience a cuestionarse la edad de ambas.
¿Y por qué el título de este libro es Jezabel?. La única alusión a este nombre es una frase del estudiante en el momento de morir. Buscando en la red, nos enteramos de que Jezabel era un personaje bíblico del Antiguo Testamento;  una reina ansiosa de poder y de vida licenciosa que intentó desbancar el culto de Yahvé en Israel.

Un personaje bíblico femenino cuya sensualidad es sinónimo de pecado y que, como Salomé,  ha inspirado diferentes versiones. En el cine da título a una película protagonizada por Bette Davis y en la música, fue cantada por  Edith Piaf.

Ahora ya solo os queda dejaros seducir por sus encantos y disfrutar de la novela.