Páginas

lunes, 15 de abril de 2013

Gañadores do concurso do Día da Poesía

Aínda que cun pouco de retraso non queremos deixar de mostrar  algúns dos textos poéticos que se fixeron para o Día da Poesía no instituto, nunha actividade coordinada entre o ENDL e a biblioteca escolar. Nas bases poñía que eran textos en 140 caracteres pero xa sabedes que a poesía é libre e os rapaces, tamén.
4º ESO C: Samuel Graña. Poesía visual "A naturalesa"
 
As follas dos carballos
son coma frechas douradas
que apuntan con perigo
 sobre o chan mollado.
 
3ºESO B: Elena Fernández "Verbas"
 
Teño unhas verbas gravadas no peito
ninguén mas pode quitar;
teño unhas verbas gravadas na alma
ninguén as poderá levar.
 
Teño unhas verbas gravadas no peito
ninguén mas pode quitar;
teño unhas verbas  de lúa crecente,
teño unhas verbas de claro luar.
 
Teño unhas verbas gravadas no peito
ninguén mas pode quitar;
teño unha barquiña mariñeira
que mais xa non vai navegar.
 
Teño lembranzas gravadas nos ollos,
teño tres bágoas perdidas no mar;
Teño unhas verbas gravadas no peito,
ninguén mas pode quitar.
 
 
1º ESO C: Noemí Rodríguez González
 
Buscando palabras
buscando ideas
na miña cabeza
un poema se desvela.
 
Por cada poema de amor que fago
a miña inspiración son os
meus paris que por min
eles a vida dan.
 
E por cada poema de amistade
os meus amigos fanse mais
grandes que calquera outro lugar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario