Páginas

lunes, 24 de abril de 2023

Día do Libro

Nova conmemoración deste día especial no centro recuperando propostas de traballo interdepartamental como  Ju(z)gar un libro pola portada, actividade na que o alumnado de 4°ESO  realiza sinopses a partir de portadas de novelas da biblioteca nas materias de LC e LG mentras que os compañeiros e compañeiras de 1° BACH  imaxinan portadas en E. Plástica a partir das sinopses dadas. Todas as súas creacións mostranse nunha exposición no vestíbulo do centro. 
Xunto coas portadas, o ENDL elaborou bodegóns literarios sobre as lecturas de 1° e 2° ESO deste curso: Jules Verne e as mulleres planta, Atranco no banco, A filla do ladrón de bicicletas, Chamádeme Simbad, O achado do castro e O enigma de Santiago.
E para o profesorado, intercambio de libros no Amigo Invisible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario