domingo, 5 de noviembre de 2017

Samaín

O pasado día 24, coincidindo co Días das bibliotecas, inauguramos unha semana dedicada á preparación do Samaín, con obradoiros temáticos nos recreos, relatos de terror e proxección de curtas. Marcapáxinas de vampiros, calacús, grilandas con morcegos e personaxes do videoxogo Pacman, pantasmas e teas de arañas feitos polos rapaces de 1º á 3º ESO converteron á biblioteca nun lugar terrorífico que ao remate das actividades encheuse de gritos coas curtas máis arrepiantes.





lunes, 30 de octubre de 2017

Bookjockeys na biblioteca

Aquí déixovos unha das actividades que fixemos cos grupos de 1º ESO no Día da Biblioteca. Eles seleccionaron as imaxes que mais lles gustaron e eu, dinlle á cámara. Unha boa maneira de mostrarlles os albumes ilustrados ou os libros de fotografía.




jueves, 26 de octubre de 2017

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta


Que marabilla adentrarse de novo noutro mundo imaxinario creado por Ledicia Costas. E este mundo imaxinado non é o Vigo do principios de século, o cal aínda podemos percorrer e recoñecer a través das súas páxinas, senón o que marca o encontro de Violeta, unha nena orfa que vive cos seus avós nunha botica da rúa Misericordia, con todo un persoeiro da literatura mundial: Jules Verne. E que é o que ven facer o escritor nunha rúa medio escondida de Vigo?. Pois nada máis e nada menos que tratar de verificar a existencia por todo o mundo dunha raza especial de mulleres que a través de xeracións foron legando o seu poder de transformarse en seres vexetais ao chegar á certa idade e dunha fraga misteriosa onde van descansar ao final da súa vida.
Misterio, amizade, tecnoloxía, un chisco de amor, aventura e moito mais nesta historia que foi galardoada co premio Lazarillo de Creación Literaria no ano 2015 e seleccionada para a prestixiosa lista White Ravens 2017.

Para levar a novela ás aulas: 

lunes, 23 de octubre de 2017

Día da biblioteca





Pregón polo escritor Alejandro Palomas
Ilustración de Manuel Marsol

O 24 de outubro celebramos  o Día de las bibliotecas e na nosa comezamos, nos dous recreos, unha semana dedicada á literatura do terror con obradoiros de marca páxinas e decoración para o Samaín,  aberta á todos os cursos. As sesións rematarán con lecturas en voz alta dalgúns dos relatos máis arrepiantes e proxección de curtas. Desde hoxe poden levarse prestados todos os libros e películas que  seleccionamos sobre este xénero, das que damos mostra neste taboleiro de Pinterest.
Cos grupos de 1º ESO, leremos o pregón de Alejandro Palomas e falarán sobre o seu primeiro recordo de biblioteca. Despois, faremos unha escolma de albumes ilustrados e libros con imaxes para realizar unha sesión de bookjockey que logo mostrarémosvos na canle da biblioteca en Youtube.
Tamén está aberta a participación na proposta do Observatorio de la Lectura y el Libro dende o día 17 para a que xa quedou retratado algún grupo do club de lectura.

jueves, 19 de octubre de 2017

Octubre, mes de la bibliotecas


Comenzó el curso y aún no habíamos presentado el cartel de las bibliotecas escolares gallegas de este año académico que ya luce en la puerta de la nuestra. Con el lema "Aprender a pensar en la biblioteca escolar", el ilustrador Xosé Tomás sintetiza la idea de utilizar las bibliotecas como laboratorios de aprendizaje, además de usos más tradicionales.
Y en esas estamos mientras tratamos de ir arrancando algunas de las actividades habituales de la biblioteca desde septiembre:

- Programación de la biblioteca para este curso.
- Elaboración del plan anual de lectura del centro.
- Selección de nuevas lecturas para el punto de autopréstamo de la sala de profesores.
- Selección de material y puesta en funcionamiento de las mochilas viajeras con los grupos de 1º ESO.
- Formación de usuarios de nuevos alumnos de 1º Bachillerato.
- Selección y formación de los nuevos voluntarios de biblioteca.
- Creación de los clubes de lectura.
- Registro de los nuevos alumnos y realización de carnets.


jueves, 8 de junio de 2017

Pop ups feitos á man.

Aquí tedes unha mostra dunha parte do contido dos libros editados polos rapaces de 1º ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información. Tanta tecnoloxía rodéanos que cando pediuselles investigar e tratar de reproducir  un pop up, algúns deles debuxaron no libro ventás emerxentes... A próxima tarea será realizar un collage coma Henry Matisse. 

miércoles, 17 de mayo de 2017

Carlos Casares. Selección de recursos.


- Primavera das Letras. Páxina didáctica da Real Academia Galega.
- Fundación Carlos Casares, escolma de recursos.
- Guía didáctica da área de Normalización Lingüítica da  Universidade de Vigo da adaptación de Vento ferido por no obradoiro do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.



Ao longo desta semana, tamén tedes unha mostra dos libros de Carlos Casares na exposición que montamos fora da biblioteca: