viernes, 30 de septiembre de 2016

Biblioteca escolar. Territorio das Artes


Novo cartaz para as bibliotecas escolares coa Arte como protagonista, nesta ocasión ilustrado por Minia Regos da que podedes visitar a súa obra na seguinte galería

Ao longo destes primeiros días de curso imos estado facendo horarios de atención na biblioteca, carnets para os novos estudantes, indicadores para as películas e reuníndonos co noso equipo de colaboradores, cada vez mais estable nun par de ocasións. Moitas boas ideas para este curso saíron deles.

Tamén preparando a primeira lectura do club de lectura, moi relacionada coa arte, que xa comezou circular entre a rapazada. Saíu envolta nun papel amarelo, sen que eles coñeceran nada sobre o xénero, título ou autor,  nunha especial cita a cegas da que xa daremos conta.