miércoles, 20 de noviembre de 2019

Tránsito

Hoxe, ademáis do Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas,  conmemórase o Día da Memoria Trans e por iso quero deixar aquí este audiovisual creado polo alumnado e a profesora Luz Beloso  do IES As Barxas con testamuñas de rapaces e rapazas que explican desde a súa propia experiencia o que supón a transexualidade. De obrigada visualización  non só nos centros escolares senon tamén no marco familiar.

martes, 12 de noviembre de 2019

30 años de la caida del muro de Berlin

Esta semana se cumplía el treinta aniversario de la caída del muro de Berlin y nos acordamos de Good bye Lenin!, una película que forma parte de nuestra filmoteca. En ella, un joven cuya madre- gran convencida de las bondades del sistema comunista-  se encuentra en coma durante meses y de repente, despierta, va a hacer todo lo posible para que no abandone el convencimiento de que el muro aún sigue en pie y Alemania separada en dos. Tarea difícil que provoca algunas de las escenas más hilarantes de la película.


De interés:
 
Más cine sobre esta etapa histórica. 
Guía visual para entender la caída del muro de Berlin

viernes, 1 de noviembre de 2019

Beleza vermella

Facíame chegar Fina este libro de Arantza Portabales Santomé publicado pola editorial Galaxia a principios de curso e como sole gustarme o xénero da novela negra, pois lino. O comezo xa impacta: unha escena do crime, similar á unha representación artística, que remata nun largo berro. A partir de aí, Arantza Portabales comeza presentarnos ás parellas de protagonistas. Digo parellas porque hai diferentes planos: un psicólogo e a súa paciente, no punto de mira da investigación, que conta cunha tentativa de suicidio, o pai e a nai da vítima  que semellan ser un matrimonio perfecto, o matrimonio veciño que parece non ter ningunha relación coa rapaza mais que atoparse na casa o día do asasinato e unha parella de policías que tratará de descubrir quen foi capaz de asasinar á unha rapaza de quince anos desa maneira tan peculiar.

Tamén son protagonistas nas páxinas do libro a relación entre dúas irmás xemelgas, o pulso que recorre as relacións de parella, a dificultade de manter o plano profesional ao marxe do persoal nalgunhas ocasións, a arte como catarses, e sobre todo, unha visión novidosa dun xénero clásico que afonda un pouco mais no plano psicolóxico das personaxes.
Sen dúbida, recomendo a súa lectura.