miércoles, 16 de septiembre de 2015

Biblioteca escolar, base de exploracións

Comeza un novo curso e aproveitamos para presentarvos o novo cartel da Consellería de Educación que vainos acompañar ao longo do mesmo. Un deseño do ilustrador e creador de cómic Fran Bueno que baixo o  lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" recalca o papel das bibliotecas escolares como centro de recursos donde atopar información sobre todas as dúbidas ou inquedanzas en calquera tipo de soporte ou mesmo mergullarse nas historias dos seus libros e documentos audiovisuais na procura de aventuras, misterios ou romances.

Tamén é o espazo ideal da nova materia de de libre configuración Investigación e tratamento da información que elixiu o centro para que os rapaces de 1º ESO podan manexarse dunha forma crítica e autónoma nos seus traballos de investigación nas distintas materias.

martes, 15 de septiembre de 2015

Bienvenidos

Iniciamos curso escolar y a pesar de la ciclogénesis que nos acompaña, queremos empezar esta nueva andadura llenos de entusiasmo y buen ritmo. Así que os dejamos este vídeo de una de las actuaciones musicales que se realizaron en el mes de junio a ver si os alegra un poco el día.


viernes, 3 de julio de 2015

Xornadas de portas abertas

Como cada ano, visitaron o instituto os nenos de 6º de Primaria dos coles de Atios e do CEIP Fernández López. Como remate do percorrido polo centro, a visita á biblioteca onde os rapaces de 1º ESO e as rapazas de 4º PDC explicáronlle con todo detalle todo o que un bo usuario da biblioteca non debe esquecer. Cada curso sorpréndennos mais...


miércoles, 10 de junio de 2015

Artistas na biblioteca

Da colaboración entre o responsable da biblioteca do CEIP Fernández López e o noso equipo non soamente nacen os apadriñamentos lectores senón outro tipo de actividades, levadas a cabo na biblioteca, nos que os alumnos exploran o seu lado máis artístico.
A idea era sinxela: crear un cadáver exquisito. Aínda que o nome poda asustar, non é máis que unha obra creada colectivamente. En este caso, a partir dunha ilustración feita polos alumnos de 1º ESO que os nenos de 8 anos do cole deberían completar baixo a supervisión dos de 4º ESO de Atención Educativa.
Aquí  deixámosvos parte do que foi o proceso: