domingo, 17 de marzo de 2019

Resultados Escape room

Quince grupos de secundaria compitiendo entre sí para conseguir resolver el misterio de Rosalía de Castro en menos de 40 minutos. He aquí los resultados:

1ª posición: FP II
2º posición: 4º ESO A
3º posición: 1º ESO A

domingo, 24 de febrero de 2019

Día de Rosalía

Como anunciabamos a semana pasada, este ano queríamos facer algo diferente para conmemorar a data de nacemento de Rosalía e por iso, ideamos unha escape room na que competirían nada menos que todos os grupos da ESO. 

Ao longo de dúas semanas, terían que intentar chegar ao baúl misterioso da imaxe superior onde atoparían a pócema para dar por rematada a negra sombra que pesa durante séculos sobre Rosalía( ou polo menos, ese era o noso argumento para introducir a trama do xogo).
 

Despois dunhas cantas semanas de documentación e preparación para montalo- unha tarea bastante complicada tendo en conta que ningunha de nós fixera nin  participara xamáis nun xogo destes- cremos que o resultado foi moi satisfactorio tanto para eles como para nos. Neste tipo de actividades apreciase moi ben a cohesión dos grupos, o seu pensamento lóxico, o coñecemento da biblioteca e dos libros, o seu grado de imaxinación, o nivel de frustración e, sobre todo, o que  lle gusta á todo o mundo un bo reto.
E quen consiguiu deter o marcador coa mellor marca? Aínda está por ver xa que esta semana xogarán os grupos de 4º e FP.




jueves, 14 de febrero de 2019

Próximamente...

Estes días temos a biblioteca con varias actividades en marcha: as alumnas e alumnos de 1º ESO están elaborando os disfraces do Entroido e preparando a presentación das súas aulas segundo a cultura da Antigüidade que lles correspondeu por sorteo( Exipcios, Normandos e Gregos) e que aparecen nos cómics de Astérix e Obélix, o noso proxecto anual.
Comezamos na materia de Investigación e tratamento da información  documentándonos, nada máis volver das vacacións de Nadal e estas derradeiras semanas, apuramos ata no tempo de lecer.

Na biblio tamén tivo lugar a reunión do club de lectura de alumnas de 2º Bach para comentar  o derradeiro libro de Andrea Maceiras "O que sei do silencio" A temática gustoulles, o formato da narrativa, a maneira de blogue, tamén e sobre todo, os diferentes puntos de vista nun caso de acoso escolar que presenta a historia: non fala a rapaza que sofre a situación senón quen asiste en silencio ao maltrato no instituto, creando un dilema moral sobre o papel das testemuñas que non fan ren nestes casos. 

Por outra banda, no equipo de biblioteca levamos traballando unhas cantas semanas na preparación da nosa primeira( esperemos que non a última) escape room de cara á celebración do Día de Rosalía. Competirán todos os grupos de Secundaria  entre se, a fin de conseguir dar cun obxecto de cobiza ao longo do tempo. Aquí vos deixo o vídeo introdutorio que fixemos para pórlles en situación:

lunes, 14 de enero de 2019

El odio que das

Para Starr, la protagonista de El odio que das, nada es fácil. Vive en un barrio humilde, con una población mayoritariamente negra en la que se espera que se comporte como cualquier adolescente de su edad mientras que sus padres, curiosamente, la envían a un instituto de población blanca alejado de su barrio.
El motivo lo sabemos después de que Starr sea testigo, nuevamente, del asesinato de otro compañero de la infancia, esta vez a manos de la policía. Tras ofrecer su versión en la comisaría y más tarde, ante un jurado, la protagonista de la historia se da cuenta de que no existe la justicia cuando se ponen en la balanza el testimonio de un policía contra el de una chica negra, defendiendo además a otro adolescente del que se sospecha que pudiera tener alguna relación con las bandas y el tráfico de drogas.
Si no hace algo, las cosas van a seguir como siempre y Starr no puede consentir que la reputación de su amigo quede manchada por el simple hecho de haber nacido con un color de piel distinto. Ha llegado el momento de sumarse a las protestas que comenzaron en su barrio tras conocerse la sentencia y formar parte de su comunidad.

A lo largo de la novela se encuentran varios temas interesantes que seguramente darán qué hablar en la próxima reunión del club de lectura: el determinismo de clase, la familia, los conflictos raciales, el abuso de poder, el rap, el activismo... Veremos que nos cuentan sobre todo esto nuestras alumnas.