Xa acabamos coas sesións sobre Antihéroes
no noso clube de lectura de 3ºESO a 2ºBAC! Con este libro comprobamos
como a literatura fantástica, ademais de facernos pasar un moi bo rato,
pode movernos a reflexionar sobre un tema tan importante como o respeto
ás diferencias. E houbo tamén espacio para algunha que outra proba/xogo.
Agora nos adentraremos nun novo libro, Golpes de luz,
de Ledicia Costas, unha novela que trata con moitísimo humor e tenrura
unha situación familiar complicada. Remitímosvos ao seguinte enlace para
ver unha breve sinopse desta singular historia: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6487159
Hace poco se celebró la entrega de los premios Goya, una fiesta en la que se reconoce lo mejor del cine español durante el último año. Muchos de los rostros que lo forman aparecen en esta iniciativade la Real Academia Española y Condé Nast España y Latinoamérica destinada a difundir la poesía española e hispanoamericana a través de las redes sociales. Toda una declaración de amor:
Este é un dos diálogos que os rapaces protagonistas da nova novela de Ledicia Costas manteñen nun dos capítulos. Reprodúzoo porque desde o inicio da historia é o personaxe da avoa quen vaite atrapando co seu peculiar comportamento, os seus misterios, as súas saídas de ton e mesmo, coa ameaza do seu martelo "escachacaracois".
Golpes de luz é unha historia construída a partir de tres voces en primeira persoa: a da avoa Luz, a da súa filla Xulia e a do seu neto, Sebas. Tres xeracións sobre as que sobrevoa o misterio dun avó desaparecido sobre o que a avoa parece non ter nada que dicir.
Non así Ledicia Costas que organiza o seu libro en dúas partes cos alcumes dos avós: En Animaliña preséntanos o presente desa nova familia que forman Luz, Xulia e Sebas trala chegada destes últimos desde Madrid para facerse cargo da avoa. En O Arxentino a viaxe é ao Vigo dos noventa, unha cidade marcada polo narcotráfico, na que Xulia fará todo o posible para recuperar os recordos do seu pai e descubrir por fin o misterio da súa desaparición.
O mellor da novela, para min, é esa forma de plasmar as emocións de cada personaxe: a inocencia dos nenos de dez anos que cren que a avoa é Thor porque nunca se separa do seu martelo, a preocupación da filla polo seu recente divorcio, pola incerteza de educar ao seu fillo soa, lonxe do pai e de encargarse dunha nai que pouco a pouco vai perdendo a cabeza e a retranca da avoa, unha pillabana da terceira idade que o mesmo pode facerte rir a cachón que xerar compaixón uns capítulos despois.
En fin, que gustei moito da nova novela de Ledicia Costas e vola recomendo desde aquí. Se queredes escoitar á súa autora falando dela, aquí tedes unha entrevista:
Rematadas as sesións sobre George no
noso clube de lectura de 1º e 2º ESO! Un libro que nos deu para reflexionar
sobre as dificultades ás que se debe enfrontar un neno que non se identifica co
seu corpo. Tamén pasamos un bo rato cunha serie de probas e xogos relacionadas
co libro.
Agora toca nova aventura, e esta vez se trata
de O ladrón de soños, pertencente á saga O mundo secreto de Basilius
Hoffman, de Fernando M. Cimadevila. Unha novela fantástica na que Peter
deberá enfrontarse a mundos extraordinarias e inquedantes xunto ao seu peculiar
tío Basilius. Velaquí un booktrailer: