"CAMBIO DE SESO"
Nos primeiros días do mes de abril tiveron lugar no IES Pino Manso as Xornadas de Actividades; a comisión da biblioteca colaborou nela propoñendo ao alumnado de Segundo e cuarto de ESO un “Cambio de Seso”… Axiña vos explicamos en que consistía:
Comezabamos cun percorrido polo centro en que se ía invitando á lectura de frases que diferentes personalidades históricas formularon no seu momento; as de cor vermella tiñan un marcado carácter machista, fronte ás de azul, de natureza feminista.
Cando chegabamos á Biblioteca, tanto rapazas coma rapaces escollían cal era a súa favorita e cal a que máis negativamente os impactara. A continuación, representábase un texto que os alumnos previamente crearan, no que quedaran marcados os estereotipos masculinos e femininos; mais había unha pequena salvidade: os rapaces tiñan que comportarse e actuar como rapazas e viceversa. Por último, desenvolvíase un debate, onde se pretendía achegar posicións ou polo menos que ambos sexos foran capaces de visualizar os medos, as inquedanzas, as dúbidas do outro.
___
No hay comentarios:
Publicar un comentario