viernes, 27 de febrero de 2009

2º ESO B, unha copla gañadora no concurso do Entroido



Esta crise do carallo


Os de B estamos aquí,
temos moito que dicir,
cantaremos unha coplilla,
a cambio dunha tortilla.

Non pretendemos guerrear,
só queremosvos cantar,
unha cantiga sobre a crise,
para nós poder gañar.

Moita xente está no paro,
as empresas xa pecharon.
E agora que mais dá?
Xa non se arreglará..
Esta crise do carallo,
deixounos sen traballo,
somos moitos así xa,
isto nunca acabará...
É ímolo advertir,
acabarmos por roubar,
os bocatas do Manolo,
para poder almorzar.

Voume poñer a mangar,
as carteiras dos profesores,
e as dos nenos tamén,
non se salva aquí ninguén.

Os veciños do Porriño,
xa non temos un euriño,
así que iremos a mercar,
e esqueceremonos de pagar.

Se non temos que comer,
non teremos onde vivir,
non queda mais que ir a pescar,
ao rio Mondariz.

Moita xente esta no paro,
as empresas xa pecharon.
E agora que mais dá?
Xa non se arreglará!!

ESTA CRISE DO CARALLO!!

(Música: "Para no verte más". La Mosca)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Me encanta que el personal se implique, es lo que nos hace saborear la vida a cualquier edad.