miércoles, 30 de septiembre de 2009

Chámanse Zits

non só os molestos grans do acné en inglés senón as xeniais tiras cómicas protagonizadas polo adolescente Jeremy Duncan de Jerry Scott e Jim Borgman. Ao rapaz os seus pais parecenlle marcianos coas suas historias da época hippie e o seu absoluto descoñecemento das novas tecnoloxías, séntese eclipsado polo seu irmán maior-brillante nos estudos e no deporte-, a súa vestimenta é toda unha declaración de intencións aínda que todos os seus amigos vistan coma él, a súa nai intenta rematar co desorden do seu cuarto que para él é o colmo da confortabilidade e aínda máis, parece que Jeremy está namorado...

Na biblioteca xa podes ler o volúmen I e aquí, a páxina oficial.

No hay comentarios: