
Acaba de nacer este novo espazo na rede para amantes da lectura e -por que non?-creadores. Unha iniciativa do Ministerio de Educación en colaboración coas Comunidades Autónomas, o Instituto Cervantes e a Real Academia de la Lengua Española onde atoparedes artículos ben interesantes sobre a lectura, podedes participar activamente nos foros, crear os vosos propios textos literarios ou subir os vosos podcasts e imaxes. De momento, xa tedes un espazo para concursar colaborando na difusión desta páxina mediante carteis, spots ou cuñas radiofónicas. A que esperades para participar?
No hay comentarios:
Publicar un comentario