Aínda que foi o pasado xoves, non queremos deixar de falar sobre o que foi a I Quedada literaria de Vigo e bisbarra na que participaron os CEIP Emilia Pardo Bazán, Ría de Vigo, Carrasqueira, O Pombal, Santa Mariña de Redondela, Frian, o IES do Castro e os membros do club de lectura do noso centro. Unha xuntanza para compartir libros, a lingua que nos une e facer algunha que outra amizade, propiciada por Antonio Fernández, responsable da biblioteca do CIFP Manuel Antonio e Marta, do servizo de Normalización Lingüística de Vigo e a colaboración dos responsables de bibliotecas escolares e da BM de Redondela.


Falaron das súas lecturas favoritas entre eles e tamén, para os informativos rexionais, momento que aproveitou a nosa alumna Tamara para defender unha educación non sexista a propósito da súa recomendación de Penúltimas Tendencias de Carlos Negro.
Pola nosa banda, as dúas Tamaras do club de lectura de 4º e 1º Bacharelato leron o diálogo de "Na oficina de obxectos perdidos" de Made in Galiza de Séchu Sende.
Agora, a esperar a xuntanza do curso que ven, como dicían os nosos rapaces, despois de corear o " En galego, xa si!" de Migallas que cantaron os nenos do CEIP de Santa Mariña de Redondela durante a viaxe de regreso a O Porriño
No hay comentarios:
Publicar un comentario