miércoles, 8 de junio de 2022

Japon Week

Rematamos a I Edición da semana adicada ao mundo do manga e ao Xapón nos recreos da biblio. Entre as actividades con máis éxito, o obradoiro de creación dos teru teru (amuletos para chamar polo bo tempo) con material reciclado: a proxección dun episodio ovo de Naruto en xaponés con subtítulos e a charla sobre armas xaponesas. 
Un pouco máis costou facer as estrelas ninja no pouco tempo que tivemos e participar no concurso de manga. De todas maneiras, presentaronse debuxos tan chulos coma este de Imane: 
Ao longo da semana tivemos unha selección de lecturas ben interesantes no expositor temático e os koinobori ou cometas de pez que fixera o equipo de alumnas de 3°ESO(Nerea, Raquel e Ariadna) que colaborou connosco na preparación e realización das actividades. A ver se é posible unha segunda edición o curso que vén.

No hay comentarios: