miércoles, 15 de noviembre de 2023
Semana de difuntos
jueves, 29 de junio de 2023
Premios do club de lectura
O día da excursión de fin de curso a Santiago, na Alameda,
fixemos a entrega de premios do club de lectura. En
cada categoría (1º de ESO e 4º de ESO) houbo un primeiro premio (diploma, vale
de 25 euros para unha librería local e caixa de bombóns) e un segundo premio
(diploma, vale de 15 euros para unha librería local e caixa de bombóns), así
como un detalle para tódolos participantes (marcapáxinas magnético). O
resultado foi o seguinte:
-1º premio de 1º de ESO: Carmen Mouriño Domínguez.
-2º premio ex aequo de 1º de ESO: Edgar Lago
Pereira e Nara Lourido González.
-1º premio de 4º de ESO: Ariadna Martínez Gomes.
-2º premio de 4º de ESO: Marwa Sokrate Bahini.
Noraboa aos premiados e a todo o club de lectura
pola vosa constancia durante o curso!
Dexámosvos algunhas fotos do momento da entrega de premios.
sábado, 24 de junio de 2023
Fin de curso
martes, 20 de junio de 2023
Reunións finais do club de lectura de 4º ESO
No noso club de lectura de 4º de ESO fixemos un xogo sobre “A parte dos anxos” para pechar as sesións sobre este fermoso libro. Os membros do club debían acertar os nomes das personaxes a partir das ilustracións que fixo Carlos Lago (lembrade: o noso Juanca, profe de Plástica) para os relatos de Emma Pedreira. Ningún fixo pleno, pero acercáronse moito, e mirade que algúns nomes eran ben complicados!
Por último, fixemos unha pequena tertulia sobre o noso derradeiro libro deste curso, o cómic “O pacto do letargo”, do recoñedísimo autor galego Miguelanxo Prado. Coincidiron en destacar a beleza dos debuxos, e o interés dunha historia que emprega a fantasía dun modo distinto ao que están acostumados, dándolle unha orientación de denuncia social. Puidemos ver ademais un fragmento dun vídeo dunha charla na que Miguelanxo Prado explica o su proceso creativo, e como texe a historia antes de se pór a debuxar. Segundo comentaron, dúas das nosas lectoras tamén pasaron por ese proceso creativo, pois teñen feito algún pequeno cómic no pasado!
Reunións finais do club de lectura de 1º de ESO
Vaise acabando o curso, e con el tamén as nosas sesións do
club de lectura.
En 1º de ESO, o grupo que lera “Os nenos da varíola” leu agora
“O neno do pixama de raias”, e viceversa. Ambos fixeron sendos xogos de breakout
e conversamos acerca destas obras que gardan certas similitudes: nenos que
teñen que afrontar difíciles circunstancias en distintas épocas históricas. A
pesar de que os nosos lectores e lectoras recoñeceron que foron obras duras
polo seu contido emocional, alegráronse de lelas, porque ao fin e ao cabo foron
ben entretidas e porque aprenderon moito acerca de eventos importantes doutras
épocas, como son a pandemia da varíola (que tanto nos lembrou á COVID) e a
represión nazi.
Ademais, tivemos a sorte de que María Solar, a autora de “Os nenos da varíola”, mandounos un vídeo para saudarnos e falarnos do seu libro. Mil gracias! Fíxonos moita ilusión poder contar coas súas verbas.