
Dende hai catro cursos, o Departamento de Lengua y Literatura Española do IES Pino Manso convoca un concurso de cartas de amor para commemorar o día de S. Valentín.
O grupo que profesores que traballamos na biblioteca súmase á celebración tratando de aportar unha visión diferente do evento: mergullándonos noutros idiomas, atopamos composicións que ás veces loan a alegría do amor correspondido (“Vivamos, Lesbia mea” de Catulo), outras, a tristeza do desamor (“Puedo escribir los versos más tristes esta noche” de P. Neruda), a permanencia do sentimento amoroso, despois incluso da norte (“Alma gentil que partiste” de Camões) e independente da beleza física (o soneto “A una dama bizca y hermosa” de F. de Quevedo)…. son en total catorce poesías, catorce visións diferentes dun mesmo sentimento….
Invitámoste, a través do blog, a que nos fagas saber cál é a túa preferida….
No hay comentarios:
Publicar un comentario