martes, 26 de febrero de 2008

O BARBEIRO DIABÓLICO


XOVES 28, os membros do club de lectura imos ver...

Din que as pantasmas habitan en lóbregos castelos e que as súas almas en pena vagan arrastrando pesadas cadeas... algo así lle sucede ao protagonista de A pantasma de Canterville, o texto que abordaremos na próxima sesión do club de lectura.
Para ir familiarizándonos coas profundidades máis inquedantes do ser humano, este xoves 28 veremos a película El barbero diabólico de la calle Fleet, ambientada, ao igual que o libro de O. Wilde, nunha Inglaterra escura, chuviosa, onda as apariencias nunca se corresponden coa realidade.

1 comentario:

Equipo da biblioteca dijo...

Despois da película, veu o debate: a estética gótica, o musical, Dickens, o poder e o sentido a xustiza...
A pesar do sangue derramado -habitual na filmografía de Tim Burton- pagou a pena