Ímonos mergullar nun mar que ole a todos os salitres do mundo. Nas mareas viaxan letras escritas en todos os idiomas inventados que traen historias fabulosas de pobos submarinos, criaturas con branquias e correntes oceánicas. O mar é a patria dos recordos, a paisaxe da infancia, a banda sonora dunha emoción… e o acubillo dos poetas.
Por fin, a IX Edición del Salón do Libro Infantil e Xuvenil chega a O Porriño. Desde hoxe, día 19 ata o 25 de outubro, a Biblioteca Municipal transformaráse nun océano de obradoiros para nenos e adultos, músicas e danzas acuáticas, exposicións de libros , imaxes e materiais feitos polos alumnos dos centros escolares ...Un programa moi completo de actividades que tedes a vosa disposición na web da Biblioteca Municipal.
¿E... quen sabe se algunha onda salpica a nosa?
No hay comentarios:
Publicar un comentario