Quería dedicar este breve comentario a un libro, un marabilloso libro que atopei na nosa pequena, pero acolledora biblioteca. É un dos mellores libros que lin ata agora e non puiden resistirme a poder compartir convosco un pequeno resumo; un resumo dun dos mellores libros de Laura Gallego: "Dos velas para el diablo".
Argumento:
Caterina é a rapaza protagonista do relato. Asasinaron ao seu pai, un anxo menor, e buscará vinganza ao longo da aventura.
Na búsqueda do asasino, atoparase cun demo que a axudará, aínda que ela non confía nel.
Traballarán cóbado con cóbado, xuntos. Descubrirán conspiracións e amores imposibles entre anxos e demos e múltiples segredos entre estas dúas razas tan distintas entre elas máis moi semellantes ao mesmo tempo.
Finalmente, Caterina e o seu compañeiro, o demo atoparán as respostas que buscaban como por exemplo, quen asasinou ao seu pai e por qué, ou de ónde procedemos realmente os seres humanos...
Sinto non poder ser máis preciso no resumo (xa que nel non conto o realmente interesante), mais convídovos a que o leades, a que descubrades o fermoso que é poder ler libros tan entretidos e emocionantes coma este.
Grazas polo voso tempo.
David Diz Oya( 4º ESO A)
Valoración persoal (Del 1 al 5): 5
No hay comentarios:
Publicar un comentario