Para aqueles alumnos aficionados á fotografía, a Biblioteca Municipal do Porriño convoca de novo o concurso de fotografía "O Pracer de Ler". A temática versará sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, a lectura e o libro. As bases son as seguintes:
PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS : Participarán en concurso único tódalas persoas que así o desexen, sen diferenciación de idades, e co número de fotografías que estimen oportuno. As fotografías presentadas poderán ser en cor ou branco e negro, de calquera tamaño, pero sempre pegadas sobre unha cartulina negra.
As obras deberán ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nin recoñecidas ou seleccionadas noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
FORMA DE PRESENTACIÓN: As fotografías axuntaranse nun sobre, no dorso de cada fotografía irá o lema do autor e o título da fotografía. E tamén acompañará un sobre pechado co lema do autor escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: nome completo do autor, enderezo postal, número de teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA : nas oficinas da biblioteca municipal R/ Domingo Bueno nº 9, 36400 O Porriño – Pontevedra, en horario de 9,00 a 21,00 h. de luns a venres ata o prazo máximo do venres 28 de maio ás 21,00 h.
XURADO E FALLO: O xurado estará composto por membros do departamento de Cultura do Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente ao gañador por teléfono.
PREMIO: un único premio de 600 €. sometido á retención que exprese a lei. No caso de que o gañador sexa menor de idade na data de remate de presentación das fotografías, substituirase o diñeiro por un agasallo (cámara dixital e/ou material fotográfico) dun valor aproximado.
EXPOSICIÓN: Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición nas instalacións da biblioteca.
Máis datos na páxina da BM ou no panel de información do instituto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario