Que non sabedes de que estamos a falar co esta palabra? Origami é o termo xaponés empregado para a papiroflexia ou o que é o mesmo, a arte de convertir simples follas de papel en calquera figura, sen utilizar ningún tipo de pegamento.Dado que unha das últimas adquisicións da biblioteca foi esta enciclopedia ilustrada que mostra paso a paso os pregues básicos e como facer figuras a partir deles e que contamos no instituto, ademais, cun alumno que é un verdadero especialista neste campo, os mércores no segundo recreo imos a organizar un pequeno obradoiro.
Aqueles que estedes interesados en participar, xa sabedes donde é a cita. Coma sempre, na biblioteca.
1 comentario:
Que pasada eu apúntome!
¡¡¡nos vemos o mércores!!!
Publicar un comentario