Aquí tedes unha mostra dos traballos que fixeron os alumnos de 4º ESO en Educación Plástica a raíz das lecturas de poemas sobre o mar no pasado mes de Outubro.
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
Na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin
que inda recei pola probe da tola,
eu, que non teño que rece por min.
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta morreu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
M. Curros Enríquez
O resto-que tamén pagan a pena- podedes atopalas premando nesta Galería de imaxes
1 comentario:
Felicidades a Sara Sierra e ao resto dos autores e autoras dos outros caligramas. Non puiden resistirme e entrei no voso enlace para velos. Son preciosos, así que noraboa por esta actividade.
Un saúdo desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.
Publicar un comentario