lunes, 1 de junio de 2009

Entre as recentes adquisicións da nosa biblioteca encóntrase o documental Tierra, dirixida por Alastair Fothergill.
Este film é unha especie de viaxe que segue o rastro do Sol, dende o Polo Norte ata a Antártida; narra os avatares de tres nais e as súas crías: unha familia de osos polares no Ártico, unha elefanta e o seu cachorro no deserto de Kalahari e unha balea coa súa cría de cinco meses no seu desprazamento dende as augas ecuatoriais ata a Antártida.

Seguindo o periplo destes animais, asistimos á lenta degradación do noso planeta e, con angustia, intuímos que se non son eles os que desaparecerán, outros conxéneres si son susceptibles de facelo pola acción irresponsable do ser humano.

É unha película que podemos ver en familia e con asombro asisteremos a grande entrega das nais no coidado da súa prole.


ESPEREMOS QUE VOS GUSTE.....

No hay comentarios: