O equipo de Normalización Lingüística, os departamentos das distintas linguas e o equipo da biblioteca convocan o Concurso de relato ou banda deseñada policíaca. As bases son as seguintes:
- Poderá participar calquer alumno ou alumna do instituto.
- O título da historia, que deberá tratar da resolución dun delito, será EU NON FUN.
- Podedes empregar algún dos seguintes comezos ou ben, outro de creación propia.
1. Luns, volta das vacacións de Nadal. O instituto reanuda as clases con aparente normalidade...Mais, no despacho do director o bedel atopa o corpo sen vida dun fermoso mozo sen identificar. As pescudas policíacas comezan...
2. - Xa llo dixen, inspector, eu pasaba por alí porque viña da casa de miña irmá, e como era unha noite moi escura cando tropecei e caín enreiba do vulto no me percatei...
3. Enciendo el Messenger y una carita sonriente me confirma que Felipe está conectado.
- K tal?- le pregunto.
Pasan unos segundos hasta que un mensaje centelleante me invita a utilizar la webcam para hablar en directo con él. Un clic y poco a poco las imágenes se van haciendo cada vez más nítidas.Su habitación, el osito de peluche que le regalé por su último cumpleaños en el escritorio, el armario ropero abierto de par en par y sobre la alfombra, Felipe, tumbado en una postura imposible.
- Os traballos entregaranse a calquer profesor ou profesora de Lingua ata as vacacións do Entroido.
- Farase unha selección dos mellores para publicalos no blog da biblioteca e nunha revista escolar.
- Haberá, ademais, varios PREMIOS para os mellores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario