Aquí déixovos unha das actividades que fixemos cos grupos de 1º ESO no Día da Biblioteca. Eles seleccionaron as imaxes que mais lles gustaron e eu, dinlle á cámara. Unha boa maneira de mostrarlles os albumes ilustrados ou os libros de fotografía.
lunes, 30 de octubre de 2017
jueves, 26 de octubre de 2017
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Que marabilla adentrarse de novo noutro mundo imaxinario creado por Ledicia Costas. E este mundo imaxinado non é o Vigo do principios de século, o cal aínda podemos percorrer e recoñecer a través das súas páxinas, senón o que marca o encontro de Violeta, unha nena orfa que vive cos seus avós nunha botica da rúa Misericordia, con todo un persoeiro da literatura mundial: Jules Verne. E que é o que ven facer o escritor nunha rúa medio escondida de Vigo?. Pois nada máis e nada menos que tratar de verificar a existencia por todo o mundo dunha raza especial de mulleres que a través de xeracións foron legando o seu poder de transformarse en seres vexetais ao chegar á certa idade e dunha fraga misteriosa onde van descansar ao final da súa vida.
Misterio, amizade, tecnoloxía, un chisco de amor, aventura e moito mais nesta historia que foi galardoada co premio Lazarillo de Creación Literaria no ano 2015 e seleccionada para a prestixiosa lista White Ravens 2017.
Para levar a novela ás aulas:
- Unidade didáctica de Xerais.
- Unidade didáctica de Anaya.
- Entrevista á Ledicia Costas en La aventura del saber(video).
- As rúas de Vigo no século XIX
- Sobre Sanjurjo Badía
lunes, 23 de octubre de 2017
Día da biblioteca
Pregón polo escritor Alejandro Palomas
Ilustración de Manuel Marsol
O 24 de outubro celebramos o Día de las bibliotecas e na nosa comezamos, nos dous recreos, unha semana dedicada á literatura do terror con obradoiros de marca páxinas e decoración para o Samaín, aberta á todos os cursos. As sesións rematarán con lecturas en voz alta dalgúns dos relatos máis arrepiantes e proxección de curtas. Desde hoxe poden levarse prestados todos os libros e películas que seleccionamos sobre este xénero, das que damos mostra neste taboleiro de Pinterest.
Cos grupos de 1º ESO, leremos o pregón de Alejandro Palomas e falarán sobre o seu primeiro recordo de biblioteca. Despois, faremos unha escolma de albumes ilustrados e libros con imaxes para realizar unha sesión de bookjockey que logo mostrarémosvos na canle da biblioteca en Youtube.
Tamén está aberta a participación na proposta do Observatorio de la Lectura y el Libro dende o día 17 para a que xa quedou retratado algún grupo do club de lectura.
jueves, 19 de octubre de 2017
Octubre, mes de la bibliotecas
Comenzó el curso y aún no habíamos presentado el cartel de las bibliotecas escolares gallegas de este año académico que ya luce en la puerta de la nuestra. Con el lema "Aprender a pensar en la biblioteca escolar", el ilustrador Xosé Tomás sintetiza la idea de utilizar las bibliotecas como laboratorios de aprendizaje, además de usos más tradicionales.
Y en esas estamos mientras tratamos de ir arrancando algunas de las actividades habituales de la biblioteca desde septiembre:- Programación de la biblioteca para este curso.
- Elaboración del plan anual de lectura del centro.
- Selección de nuevas lecturas para el punto de autopréstamo de la sala de profesores.
- Selección de material y puesta en funcionamiento de las mochilas viajeras con los grupos de 1º ESO.
- Formación de usuarios de nuevos alumnos de 1º Bachillerato.
- Selección y formación de los nuevos voluntarios de biblioteca.
- Creación de los clubes de lectura.
- Registro de los nuevos alumnos y realización de carnets.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)