martes, 26 de febrero de 2008

O BARBEIRO DIABÓLICO


XOVES 28, os membros do club de lectura imos ver...

Din que as pantasmas habitan en lóbregos castelos e que as súas almas en pena vagan arrastrando pesadas cadeas... algo así lle sucede ao protagonista de A pantasma de Canterville, o texto que abordaremos na próxima sesión do club de lectura.
Para ir familiarizándonos coas profundidades máis inquedantes do ser humano, este xoves 28 veremos a película El barbero diabólico de la calle Fleet, ambientada, ao igual que o libro de O. Wilde, nunha Inglaterra escura, chuviosa, onda as apariencias nunca se corresponden coa realidade.

viernes, 22 de febrero de 2008

Harry Potter

Xa temos na biblioteca o último libro do aprendiz de mago máis famoso, Harry Potter y las Reliquias de la Muerte. Nesta edición, Harry ten que realizar unha perigosa e aparentemente imposible tarefa: localizar e destruír a Horcruxes. Harry nunca se sintiu tan só nin se enfrentou a un futuro tan incerto, pero debe atopar a forza necesaria para rematar a misión que lle encomendaron. El debe abandonar a calor, a seguridade e o compañerismo de "La Madriguera" e seguir sen medo o camiño marcado para el.
Neste final, a sétima entrega da serie Harry Potter, J.K. Rowling revela de maneira espectacular as respostas ás moitas preguntas que estivemos esperando con tanta impaciencia.

jueves, 21 de febrero de 2008

Novo título para o club de lectura: Caperucita en Manhattan







Carmen Martín Gaite

No ano 1980, nun esbozo da súa autobiografía, Carmen Martín Gaite refírese ao seu nacemento coas seguintes palabras:

Nací en Salamanca, el 8 de diciembre de 1925, a las doce de la mañana de un día frío y soleado. Esto de nacer a mediodía y con sol parece presagio de buena fortuna, según dicen los nigromantes; pero en mi caso, y sin ánimo de quitarle méritos al sol, creo que todo lo bueno que me ha pasado en este mundo (y lo que, siendo menos bueno, haya sabido aceptar o convertir en mejor) se debe al amor a la vida y la confianza que desde la infancia me inculcaron mis padres, ambos de una calidad humana excepcional.


Esta escritora soubo substraerse ao ambiente de mediocridade cultural e represión que se vivía nas primeiras décadas do franquismo. Unha das armas empregradas para vencelo , como lle sucede á protagonista do libro Caperucita en Manhattan, foi a literatura; tamén a axudaron as tertulias con prosistas da época como Ignacio Aldecoa, Jesús Fernández Santos e Rafael Sánchez Ferlosio, entre outros; en Madrid, convivindo coa bohemia estudiantil gañou o seu primeiro premio literario, (Un día de libertad, en 1953). A este recoñecemento seguiron outros máis e unha prolífica obra literaria (Entre visillos, 1958; Retahilas, 1974; El cuarto de atrás, 1978; …) aderezada con algunha outra de natureza ensaística (Usos amorosos del XVIII en España, 1950; Usos amorosos de la posguerra española 1987).
Muller inqueda , que sempre viviu para e da literatura, descubridora de novos espazos (da súa estadía en Nova York naceu o libro que abordamos nesta ocasión no noso club de lectura), finalizou o seu periplo vital en 1980, un periplo vital, que comezaba “aquel mediodía luminoso y frío del 8 de diciembre” no que :

… Mi madre contaba siempre que yo también los había mirado a ellos: que tenía los ojos completamente abiertos. «Como dos estrellas negras», dicía.

SINOPSE DO LIBRO:

Sara Allen é a carapuchiña desta historia, unha nena de dez anos que vive cos seus pais, Vivien e Samuel, ao outro lado de Manhattan, no piso catorce dun bloque de vivendas en Brooklyn. Cada noite, ao ir durmir, soña con cruzar o río Hudson para ir ver a súa avoa Rebeca, unha velliña marabillosa que vive na illa de Manhattan......
Na novela atoparemos, ademais de Rebeca, outros personaxes excéntricos que espertan a nosa simpatía: Miss Lunatic, Edgar Woolf e unha palabra máxica: Miranfú que leva a Sara cara a un espazo de fantasía e liberdade.

Aos usuarios do blog:
En que contos infantís se inspira Carmen Martín Gaite para escribir este libro?
Un está moi claro… procura semellanzas con el… pero e o outro….
Para sabernos máis de Carmen Martín Gaite podedes acceder aos seguintes enlaces:

martes, 19 de febrero de 2008

AS LINGUAS DO AMOR





Dende hai catro cursos, o Departamento de Lengua y Literatura Española do IES Pino Manso convoca un concurso de cartas de amor para commemorar o día de S. Valentín.
O grupo que profesores que traballamos na biblioteca súmase á celebración tratando de aportar unha visión diferente do evento: mergullándonos noutros idiomas, atopamos composicións que ás veces loan a alegría do amor correspondido (“Vivamos, Lesbia mea” de Catulo), outras, a tristeza do desamor (“Puedo escribir los versos más tristes esta noche” de P. Neruda), a permanencia do sentimento amoroso, despois incluso da norte (“Alma gentil que partiste” de Camões) e independente da beleza física (o soneto “A una dama bizca y hermosa” de F. de Quevedo)…. son en total catorce poesías, catorce visións diferentes dun mesmo sentimento….
Invitámoste, a través do blog, a que nos fagas saber cál é a túa preferida….

-------------------------------------------------------------------------------------------------