domingo, 28 de febrero de 2021

Día de Rosalía

Neste curso tan atípico  algunhas conmemoracións das que preparabamos actividades para moverse pola biblioteca non puideron facerse coma sempre así que, ben sentadiño nas aulas, o alumnado acercouse á poesía rosaliana de diferentes formas. A primeira, co obradoiro "Rap con Rosalía "organizado pola OMIX do Concello  a cargo da asociación Vella Escola en 2º ESO.

Pola súa banda, o alumnado de 1º ESO na materia de ITI investigou sobre os sistemas aumentativos da comunicación para logo ilustrar algunhas estrofas de Cantares Gallegos deste xeito:


Desde aquí damos as grazas ao Centro Aragonés para a Comunicación aumentativa e alternativa pola su excelente web.