miércoles, 24 de abril de 2024

Maspeor

Titulo curioso y llamativa portada para esta novela juvenil que acaba de llegar a la biblioteca así que no quedó más remedio que leerla. 
Maspeor es el apodo por el que se conoce al protagonista de esta historia, un absurdo juego de palabras con la inicial de su nombre y apellido- M.Aspeor- con el que la mayoría de sus compañeros del instituto se empeñan llamarle. Y si hay algo que Matt no puede soportar es el mal uso de las palabras. A lo largo de los años ha ido elaborando un tomo con términos curiosos o que dan lugar al equivoco y juegos de palabras, en el que se refugia cuando todo va mal. Y la verdad es que no se encuentra en su mejor momento: su madre, una profesora universitaria que le transmitió el amor por el lenguaje, acaba de sufrir un ictus que la ha dejado prácticamente discapacitada e incapaz de comunicarse. Para colmo, su estrafalaria tía ha tomado el gobierno de su casa y lo ha puesto todo patas arriba. ¿Algo más puede ir mal? Solo os diré que la historia comienza con una bronca en el despacho del director de su instituto.

miércoles, 27 de marzo de 2024

Clubes de lectura

Pechamos o trimestre coas derradeiras reunións. O xogos deron para seguir falando das diferentes lecturas: a partir da novela Os nenos da variola de María Solar, o grupo de 1° ESO volveuse a reunir para enfrentarse aos retos das caixas con códigos e as súas preguntas.
Namentres, o outro grupiño de 1° ESO acercabase á novela de misterio a partir da personaxe do escritor Edgar Allan Poe que inicia a colección a proposta do departamento de Lingua Castelá.
E da narrativa, á banda deseñada no grupo de 2° ESO. Acercáronse á vida de Ana Frank da mán da novela gráfica de Ari Folman e David Polonsky.

viernes, 22 de marzo de 2024

Semana matemática

Co gallo da conmemoración do Día de Pi, este curso o departamento de Matemáticas preparou materiais para xogar libremente durante os recreos na biblioteca. Entre os xogos atopabanse Tangrams, Cubosomas, xogos de construcción de Poliedros, Torres de Hanoi...dos que o alumnado disfrutou baixo a supervisión de alumnas voluntarias de 2° ESO.
O xoves 14 de marzo proxectaronse tamén as tres curtas relacionadas coas matemáticas: 

jueves, 8 de febrero de 2024

Día de Rosalía

 FEBREIRO, un mes de celebracións: a Candeloria (cando namoran os paxaros), o entroido, o día mundial da radio e o mes de ROSALÍA. O vindeiro 23 de febreiro, venres, Rosalía volverá a revivir no Pino Manso e no Porriño. Estade atentos ao cartel e non vos perdades este día tan especial e tan importante para recordar a unha muller tan necesaria na nosa cultura e nas nosas vidas. Deixámosvos aquí un resumo das actividades do ano pasado, tanto as que se fixeron no instituto como as que se realizaron na praza do concello coa colaboración da concellería de Educación e Cultura. 

Viva Rosalía de Castro!


Raquel vestida de Rosalía e escribindo o poema de Alborada mentres un grupo de alumnos/as cantaban e interpretaban a canción. A imaxe saía nunha pantalla na que se ía visualizando a man dela escribindo. Rosalía imaxinaba mentres escribía que esa Alborada sería cantada algún día.

Decorado que se fixo na entrada do centro, semellando o estudo onde escribía Rosalía. Ao carón da mesa hai un photocall (figura) de Rosalía para que o alumnado sacara unha foto coa súa figura introducindo a cara no oco da cabeza




 Decorado e alumnado que interpretou a peza cantada así como o recitado de poemas, xunto a Rosalía, sentada no seu escritorio.

Raquel e Hadrían vestidos de Rosalía e o gaiteiro repoludo interpretando na rúa o recitado de poemas misturados.


Laura, Hadrían, Judith e André (profe de música) interpretando a peza Alborada en directo. Ao comezo da xornada, na entrada do centro. 




Na praza do Cristo do Porriño, celebramos o día de Rosalía nun festival no que colaborou o concello do Porriño a través da concellería de educación e cultura. Neste festival participaron todos os centros educativos de secundaria do Porriño. Cada centro levou a súa actividade. Os regueifeiro/a Lupe Blanco e Luís O Caruncho amenizaron o festival facendo que Rosalía fose o centro da súa actuación. 

A actuación do grupo de teatro Os Quinquillán fixeron unha recreación teatral de varios poemas de Rosalía. Tamén se leu un manifesto por parte de cada centro. A “nosa Rosalía” reivindicou unha rúa no Porriño con nome de muller (non hai ningunha a día de hoxe) e que se podería comezar por unha rúa co nome de Rosalía de Castro. Rematouse o acto cun caldo de Gloria para todos/as os asistentes na que un restaurante do Porriño fixo a elaboración do caldo. O concello colaborou cos gastos e co equipo de dinamización do IES Pino Manso.






Texto e imaxes vía EDLG