O pasado xoves coñeciamos que o traballo sobre o Entroido, realizado polos grupos de 1º ESO no curso 2021-2022, obtivo premio no VIII Concurso de traballos por proxectos na modalidade de proxectos feitos na materia de Investigación e tratamento da información. Este premio, convocado anualmente pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades de Galicia a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares(Lectura, Información e Aprendizaxe) supón unha achega económica que se empregará para atender ás necesidades da biblioteca, especialmente no ámbito da información.
Parabéns á todo o alumnado polo seu traballo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario