viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín II

Rematan estes días de preparación ao Samaín cunhas cantas actividades dos departamentos que se suman á esta semana arrepiante no instituto:
- Ambientación de portas e actividades sobre Halloween nos departamentos de Inglés e Francés.
- Concurso de microrrelatos de terror en Lingua Castelá.
- Os monstruos da literatura na música pop.
- Ilustración de personaxes en Educación Plástica.
- Exposición de lecturas.
- Relatos de medo en Oratoria.
- Curtas nos recreos.
- Obradoiro de broches.
Recordade tamén a nosa selección de cine e lecturas terroríficas para estes días.
Á volta, daránse a coñecer o resto dos micromedos premiados. 

lunes, 24 de octubre de 2022

sábado, 22 de octubre de 2022

Samaín l

Comezamos xa as actividades no recreo cun obradoiro de broches de personaxes de medo. Unha boa excusa para desenvolver a creatividade, mesturar alumnas e alumnos de diferentes niveis e aprender esas cousiñas tan básicas como enfiar unha agulla ou facer un nó. Parece sinxelo? Pois non: todos os anos atopamos persoas ás que lles resulta máis doado atopar un pelo de unicornio.
Bromas aparte, ao longo desta semana remataron broches tan chulos como estes:

sábado, 8 de octubre de 2022

Comezamos

Novo curso, novas cousiñas:

 


  1. Comezamos cun cambio de ubicación do catálogo: https://iespinomanso.edubib.xunta.gal/ polo paso do sistema de xestión da biblioteca: do Meiga ao Koha. 
  2. Escribir a biblioteca escolar é a proposta deste ano  da Asesoría das bibliotecas escolares de Galicia feito por Belén L. Méndez.  
  3. Actividades pasadas: Presentación aos grupos de 1º Bach  e FP da biblioteca, dirixida especialmente ao novo alumnado.
  4. Actividades para este mes: 
    • preparación do Samaín no centro(ambientación, contadores e contadoras de historias de medo e lendas nos recreos, obradoiro de costura sobre fieltro, curtas, concurso de microrelatos, recetas de terror...)
    • Inicio do Clube de lectura.