miércoles, 24 de junio de 2009

Suxerencias para o verán

Xa temos preparadas as guías de lecturas para este verán de primeiro ciclo e segundo ciclo da ESO, de maneira que mañá, xunto cos boletíns das notas, vos sexan entregadas pol@s titores e titoras. Esperamos que sírvan de orientación se vos apetece mergullarvos nunha boa historia. Tede en conta, que aínda que o verán parece corto, sempre pódese atopar tempo para os bos libros.

E falando do tempo.., como hoxe non acompaña en O Porriño, querémosvos deixar esta imaxe do solpor non dunha praia de California, senón da cercana Vigo: a praia de Samil, coas Illas Cíes ao fondo. Bonita, verdade?
FELICES VACACIÓNS A TOD@S E VÉMONOS Á VOLTA!!

lunes, 22 de junio de 2009

Lectoras do curso 08/09


Se o curso pasado clausurábamos as entradas do blog cunha imaxe do fotógrafo francés R. Doisneau; neste, xa a piques de rematar, tomamos prestada unha fotografía de Henry Cartier-Bresson. A súa muller lendo ilustra o peso que teñen as rapazas nas nosas estadísticas.
Así que aquí tedes a relación das que máis libros leron ao longo do curso. Nos, non levamos ningunha sorpresa xa que durante todo este tempo elas mantiveron o seu "liderazgo" na lista de lectores habituais:

Laura Fandiño Paramos(3º ESO C)
Paula Álvarez Rocha(1º ESO C)
Melody Álvarez Costas(1º Bacharelato B)

Hai quen afirma que As mulleres que len son perigosas e se de verdade queredes saber canto, podédes botarlle unha ollada a esta bonita presentación colgada no blog Mesturas da biblioteca do IES Sánchez Catón de Pontevedra.

jueves, 18 de junio de 2009

O "relevo"

Estes días visitáronnos os alumnos de 6º de primaria dos colexios de Atios e do Xosé Fernández López. Encantados coa súa presenza, amosámoslles a biblioteca e explicámoslles o seu funcionamento.


Os alumnos do colexio de Atios quedaron engaiolados co vampiro que temos colgado no teito, supervivinte dunha actividade que desenvolvemos fai tres anos, "Unha biblioteca de medo..." en cambio, unha alumna moi observadora do grupo do Porriño, preguntounos por que o número catro estaba baleiro na CDU.

Frotámonos as mans ao saber que entre os novos "clientes" do instituto xa hai colaboradores de biblioteca, con coñecementos na xestión de préstamos e coñecemos tamén que eran uns fanáticos deste rato:

miércoles, 17 de junio de 2009

El curioso incidente del perro a medianoche

Hace unas semanas Sonia, la profesora de Lengua y Literatura Castellana nos comentó que le había gustado mucho uno de los títulos que presentamos en el rincón de lectura de la sala de profesores.
Se trataba del libro del ilustrador, escritor y guionista Mark Haddon en el que cuenta, en primera persona, las pesquisas de un chaval de 15 años llamado Christopher para encontrar al asesino del perro de su vecina.
Lo que comienza siendo un entretenimiento para él, acabará por dar un giro radical a su vida que le costará aceptar; más teniendo en cuenta que sufre el síndrome de Asperger (un tipo de autismo severo).
A través de sus páginas asistiremos a los problemas con los que puede encontrarse un chico como el protagonista: rechazo a cualquier contacto físico, gran capacidad matemática, ciertos hábitos obsesivos como comer alimentos de un determinado color, falta del sentido de la ironía o el humor...
En la web oficial del escritor Mark Haddon leemos que ya han sido comprados los derechos para llevarlo al cine, con guión de Steve Kloves(responsable de algunas de las adaptaciones de Harry Potter a la gran pantalla). Era de suponer, ya que este libro, desde su publicación en 2003, se ha convertido en un verdadero éxito editorial.
Más comentarios sobre este libro: el blog Ciencia versus Ficción y Nodo 50.

jueves, 11 de junio de 2009

Falando de comprensión lectora...


(...)Ao principio da sesión de axuda ao traballo persoal, pedinlles que lesen a páxina do día da súa axenda. De mala maneira, Sofiane comezou a ler as instrucións dun traballo de Plástica. A súa voz, pouco segura, era apenas audible, pero concluíase que os deberes foran mal anotados, como eu pretendía demostrar(...). O termo oculto, atrancado entre "imaxinar" e "crible", era efectivamente ilexible. Youssouf descifrouno como "guión". Volvinme outra vez cara a Sofiane.

- Como é posible que Youssouf escribise guión e ti non?
- Non sei.
- Guión é unha palabra que coñeces, polo menos?
- Non.
-Ah, que non coñeces esa palabra? Os demais, sabedes ben o que quere dicir guión, non si?

Ninguén avalaba esta certeza.

-Guión?Non?

Yelli acabou por mover uns labios dubitativos.

- É un pouco como a historia.
- Ben, é iso, é unha historia, non son as imaxes. Antes de rodar unha película, o director ten unha especie de libro grande, no que ten escrito o que teñen que facer os presonaxes e o que teñen que dicir. Daquela "Imaxinade un guión crible", que quere dicir?Que é o que a vosa profe quere que fagades?

Nin siquera Yelli chistaba. Os meus pés cravábanse no estrado.

- Que é o que quere dicir "crible"?
A Mody gustaríalle moito saber, e levantar o dedo, e dicilo. E a falta diso largaba palabras ao chou:

-Interesante?Prudente?Serio?
- Si, é iso, é algo así como serio, pero máis preciso. "Crible" vén do verbo "crer", quere dicir algo que se pode crer. Por exemplo, se Mody chega tarde e me conta que tivos que neutralizar unha banda de marcianos xurdidos do seu lavabo, eu voulle dicir a túa escusa, Mody, non é crible. Pola contra, se me di que espertou tarde, se cadra non o vou crer, pero digamos que se podería crer, e daquela é crible.Daquela, "imaxinade un guión crible", todo o mundo entende agora?

Algunhas cabezas fixeron un si que apenas se distinguía dun non.

-O que tiñades que facer, era imaxinar unha historia, pero sen caer no delirio, do tipo onte espertei, tiña oito pernas e agacheime nun cogumelo para comer orellas de pingüín con maionesa. De feito, penso que a vosa profe tiña medo de que puxésedes calquera cousa, iso é todo, e de aí que vos pedise algo crible. Velái, iso é o que tiñades que facer para hoxe, pero se non entendestes nada, como vos idades apañar para facelo?(...)

A CLASE. François Bégaudeau

miércoles, 10 de junio de 2009

Poema para un día de chuvia


Agora que é tempo de recollida(dos libros prestados, das mochilas viaxeiras...), atopamos este agasallo nun dos cadernos en branco que este ano percorreron os fogares dos grupos de 2º ESO por xentileza da familia Pereiro Fernández:



SE ENVELLECEMOS XUNTOS


Se subo ata o teu berce
e me remonto polos anos
son neno contigo en mañás azuis
de balanzos e campás,
préndome ao váo da túa saia
e esperto ao amor
nun mencer cheo de alas.


Mais, se envellecemos xuntos,
se recorremos o vieiro da vida
paso a paso,
mirarei nos teus ollos
o esvarar do tempo
inorde como un barco.


Se envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
au teu lado,
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas,
do teu canto e do teu ánimo.


Compartirei o sal, o leito
e o abrazo,
saberei escuramente que o noso paso
polo mundo non é en balde.


Confundidos nun único latexo
acompasado,
seremos dous regatos marchando
nunha mesma auga,
dous lumes consumíndose
nunha sia chama,
dúas vagas acalando o seu fragor
na area final,
última praia.


Entre idas e voltas do azar
ou do destino,
ti serás a certeza.


Se envellecemos xuntos,
se te acompaño neste tránsito,
deixarei bolboretas lenes
nas túas pálpebras cansas,
escoitarei repenicar a chuvia
nas xanelas da nenez,
sentirei a túa voz
esmorerecer en calma.


Bastarame para entendelo todo
a limpa mirada da túa luz sen ansia.

lunes, 8 de junio de 2009

Un premio esperado


Lembrades que a principio de curso organizamos un concurso de mensaxes na botella????? Ben, por fin deitamos a botella ao mar.

O curso gañador foi 4ºde ESO B; daquela prometerásmoslle que cando viñese o bo tempo e os días fosen máis longos iriamos todos xuntos á procura de horizontes afastados para esa fermosa mensaxe.

Despois de desenredar moito o novelo dos posibles lugares, o destino seleccionado foi A Guarda. Queriamos que as correntes non estivesen en contra e nos devolvesen a botella.

Para non desaproveitar a xornada, visitamos tamén o famoso castro do monte Tegra. A visita foi longa, pero saborosa. Posteriormente diríximonos á praia do Muíño na zona de Camposancos e encamiñámonos á punta que se máis se adentra no mar. Xa alí, guindamos a mensaxe... Desexamos que percorra moitos mares e que algún día recibamos contestación.

martes, 2 de junio de 2009

Futuro salvaje por Daisy Fandiño Doural



En un curso marcado por el Evolucionismo, Daisy, una alumna de 1º ESO A nos deja este comentario sobre los tres vídeos del documental Futuro Salvaje.

Se divide en tres etapas: 5, 100 y 200 millones de años. Los humanos dejarán de existir y habrá muchos cambios en la Tierra.
En 5 millones de años habrá una glaciación que dará origen a nuevas especies. Existirá una especie de tejones grandes con mucho pelo y su depredador, un oso de dientes de sable. En los mares vivirán unas focas con pico de ave.
En 100 millones de años habrá pasado la glaciación y los mares subirán un 60%. El mediterráneo será una gran cuenca de sal y solo vivirán unos lagartos, unos jabalíes y un pequeño carnívoro dientes de sable. En los mares, calamares gigantes, tiburones fluorescentes y peces con forma de pájaro.
En 200 millones de años, la tierra estará formada por un solo continente cubierto por una gran selva. Existirán tortugas gigantes y su pequeño enemigo; un pulpo que puede respirar tanto en el mar como en la tierra.


En general, me ha gustado mucho saber o poder imaginarme por un momento cómo será la tierra en el futuro. Si, me ha encantado. Creo que os deberíais animar a ver estas películas.

lunes, 1 de junio de 2009

Entre as recentes adquisicións da nosa biblioteca encóntrase o documental Tierra, dirixida por Alastair Fothergill.
Este film é unha especie de viaxe que segue o rastro do Sol, dende o Polo Norte ata a Antártida; narra os avatares de tres nais e as súas crías: unha familia de osos polares no Ártico, unha elefanta e o seu cachorro no deserto de Kalahari e unha balea coa súa cría de cinco meses no seu desprazamento dende as augas ecuatoriais ata a Antártida.

Seguindo o periplo destes animais, asistimos á lenta degradación do noso planeta e, con angustia, intuímos que se non son eles os que desaparecerán, outros conxéneres si son susceptibles de facelo pola acción irresponsable do ser humano.

É unha película que podemos ver en familia e con asombro asisteremos a grande entrega das nais no coidado da súa prole.


ESPEREMOS QUE VOS GUSTE.....