Conmemoramos un ano mais esta data dándolles unha segunda vida aos libros descatalogados (algúns dos moitos exemplares sobrantes dos clubes de lectura, lecturas obrigatorias, agasallos das editoriais...) que esperamos vivan felices nos andeis do alumnado, profesorado e persoal do centro.
Tamén elaboramos este vídeo no que Belén, unha das nosas rapazas de 4º da ESO, ponlle voz ao texto ca escritora Elvira Ribeiro creou para as bibliotecas escolares galegas co gallo do Día do Libro.viernes, 23 de abril de 2021
martes, 20 de abril de 2021
CreAcción na biblioteca
Como actividade previa á Feira do Libro que terá lugar esta semana, o alumnado do grupo de Música de 4° ESO presenta esta improvisación rítmica cos diferentes sons que puideron obter experimentando cos libros descatalogados. Unha mostra de como as bibliotecas adáptanse aos diferentes usos mesmo en tempos de pandemia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)