jueves, 2 de abril de 2009
Comecómics en acción
miércoles, 1 de abril de 2009
De viaxe con Darwin
Os libros e revistas que poden ser de utilidade figuran na guía !Re-evoluciónate! e están expostos durante toda a semana nos andeis da entrada. Tamén tedes a posibilidade, unha vez que finalicen as actividades culturais no instituto de levar o caderniño a casa e rematalo utilizando- esta vez si- Internet. Xa sabedes que o grupo que entregue todas as cuestións completas correctamente terá un agasallo.
martes, 31 de marzo de 2009
A libraría máis fermosa do mundo
Se non tes un destino para estas vacacións, dende o Instituto Pino Manso queriamos suxerirvos unha idea: a fermosísima cidade de Porto. A viaxe ten moitas vantaxes: a proximidade lingüística e xeográfica, a vistosidade da cidade, a súa historia... Pero de entre todas, gustaríanos salientarvos unha que ten moito que ver cos libros: a libraría Lello&Irmao.
Esperemos que estas indicacións teñan froito e poidamos saudarnos neste emblématico edificio, para algúns a libraría máis fermosa do mundo.
lunes, 30 de marzo de 2009
Comeza a Semana de Actividades no IES Pino Manso
Despois do seu paseo polo monte, o protagonista desta novela curta non soubo voltar a súa casa. Alí empezou todo. Días despois perdeuse tamén entre as liñas do escrito, e máis tarde non lembraba tampouco os anos que ten, nin sabía en que día vive, nin recordaba sequera o seu nome. Comezou a fallarlle a memoria. Porén, o protagonista cre ter unha certeza: é campión do mundo de xadrez, o seu deporte favorito, e ten un novo contrincante cun nome raro: Alzheimer. Xoga ao xadrez contra a máquina, contra a memoria. Soña partidas. Lembra xogadas. Mestura movementos dunhas e doutras sobre os escaques do taboleiro. Memoria contra Alzheimer. Unha novela sobre o xadrez e o Alzheimer.
sábado, 28 de marzo de 2009
Apaga a luz, Mariluz, apaga a luz...
Baixo o lema "Apaga a luz, encende o planeta" a organización wwf internacional propón sumarnos á esta iniciativa mundial para aportar o noso granito de area contra o cambio climático. A través deste acto simbólico, trátase de concienciar aos líderes mundiais para lograr un novo acordo no protocolo de Kioto.
A cita, hoxe sábado de 20,30 ás 21,30.
lunes, 23 de marzo de 2009
Novo título para o bookring de profes
martes, 17 de marzo de 2009
Un cuento de Mario Benedetti
También puedes escuchar al propio autor recitandolo aquí.