Neste curso tan atípico algunhas conmemoracións das que preparabamos actividades para moverse pola biblioteca non puideron facerse coma sempre así que, ben sentadiño nas aulas, o alumnado acercouse á poesía rosaliana de diferentes formas. A primeira, co obradoiro "Rap con Rosalía "organizado pola OMIX do Concello a cargo da asociación Vella Escola en 2º ESO.
Pola súa banda, o alumnado de 1º ESO na materia de ITI investigou sobre os sistemas aumentativos da comunicación para logo ilustrar algunhas estrofas de Cantares Gallegos deste xeito: