martes, 7 de abril de 2009

La soledad de los números primos


La soledad de los números primos de Paolo Giordano cuenta la historia de una peculiar pareja desde el instituto hasta la edad adulta. Desde un principio, ambos se reconocen como seres atormentados por dos hechos trágicos ocurridos en su infancia que van a marcar sus vidas: un accidente de esquí que condenará a Alice a una cojera de por vida y el sentimiento de culpa de Mattia por su implicación en la desaparición de su hermana gemela.
Estos hechos determinarán también que ambos recurran al autocastigo físico como un medio de evasión y de lucha contra el sentimiento de culpabilidad: ella cayendo en la anorexia y él, infringiéndose heridas desde que perdió a su hermana.
Con estas circunstancias será complicado relacionarse normalmente con su entorno e incluso entre ellos. Mattia, apasionado por las matemáticas, identificará su relación con la de los números primos: un conjunto de números con mucho en común pero condenados a mantenerse cada vez más separados.

Entrevista a Paolo Giordanoen Pagina2

viernes, 3 de abril de 2009

Todas ás respostas as preguntas que nunca te fixeches

Neste libro de Philippe Nessmann e Nathalie Choux, editado pola Faktoria K de libros, atoparás todas as respostas para cachar nas patacas aos pais e aos profes!, ordenadas por temas moi variados: expresións, historia, inventos, ocio e deporte, costumes...Por que Papá Noel se viste de vermello e branco?, de onde vén o nome de Atlas?, que significan as dúas letras da expresión OK, que significa a letra E nos códigos que aparecen nas composicións dos alimentos?...


Hoxe, cando estamos a piques de comezar as vacacións de Semana Santa non está de máis saber a orixe da tradición dos ovos de Pascua e como no, neste libro atopamos a resposta: tradicionalmente, despois do Entroido veñen 40 días de xaxún(a Coresma) na que a Igrexia pedía facer penitencia non comendo nin carne nin ovos. Coma as galiñas continuaban poñendo, os ovos ibánse acumulando e para o comezo da Semana Santa, repartíanse entre os nenos. Curioso, no? Por certo, os bonitos ovos da fotografía inferior son de Ucrania, pero tamén podemolos encontrar moi similares noutros países como Rumanía, Rusia, República Checa, etc


jueves, 2 de abril de 2009

Reunión do Club de lectura : Matilda

O mércores 18 de marzo tivemos a seguinte reunión do noso Club de lectura que xiraba en torno a lectura do libro de Roal Dahl, Matilda e a película do mesmo título cuxo director é Danny de Vito e aproveito estas liñas para comentarvos como se desenvolveu a mesma. Todos os membros participaron de xeito moi activo na mesma e aportaron opinións sobre Matilda moi interesantes. Quedou moi claro que a elección do título foi moi acertada e todos disfrutaron moito coa lectura e o visionado da película. Analizamos pormenorizadamente os personaxes, os episodios, a mensaxe que o libro pretende transmitir, as técnicas utilizadas na película para resaltar distintos aspectos dos personaxes ou escenas, etc. de xeito moi exhaustivo e, por último, comparamos o libro coa película todo isto nun ambiente moi participativo e relaxado. Creo que todos estamos desexando ler e ver as aventuras do próximo personaxe que é: O CAPITÁN ALATRISTE de Arturo Pérez Reverte do que temos os seguintes títulos na nosa/vosa biblioteca: Limpieza de sangre, El oro del rey, El caballero del jubón amarillo, o cómic El capitán Alatriste e tamén a película baseada nesta saga tan popular.





E xa sabedes: "A ler e a ver que son dous días".

Un saúdo
Olga Comesaña

Comecómics en acción

Despois de asormarnos ao mundo de Astérix e Obélix, estamos pensando en adentrarnos un pouco máis en Europa... concretamente Bélxica non parece un mal destino. Aí estannos a esperar Tintín co seu fiel canciño Milú.


Ao igual que con Astérix, os integrantes do club de lectura visionarán unha película e tratarán de establecer relacións coa obra na que se inspira. No caso de Astérix e Obélix contra César (Claude Zidi, 1999) foi relativamente fácil encontrar no film accións tan familiares coma as pelexas na aldea por mor da calidade do peixe, as escaramuzas contra os romanos e os banquetes de celebración das victorias; así como comprobar o grao de fidelidade do vestiario, paisaxes ou recreación da aldea gala. Tamén se reflexionou sobre a adecuación de determinados nomes como: Cayobonus, Detritus ou Edadepiédrix... Ao podermos acceder ao proceso de construción dos decorados e dos efectos especiais tivemos unha visión, se cadra máis desencantada -non eran romanos os que voaban polos aires-, pero si máis completa da película.
Esperemos que disfrutemos tanto na próxima butaca

miércoles, 1 de abril de 2009

De viaxe con Darwin


Nesta semana estamos a viaxar con Charles Darwin na biblioteca. Celebramos o 200 aniversario do nacemento deste famoso naturalista e aínda máis, o 150 aniversario da publicación do seu libro A orixe das especies. A teoría que defendía nel supuxo unha verdadeira conmoción na súa época porque botaba por terra as bases do creacionismo: o mundo foi creado por Deus e algunhas especies extinguíronse por mor do diluvio universal. Para os defensores do creacionismo era unha auténtica aberración soster que as especies evolucionaran sen a intervención divina e aínda máis, que o mesmo home, feito en teoría a imaxe e semellanza da divindade, procedera dun simple mono.

Os libros e revistas que poden ser de utilidade figuran na guía !Re-evoluciónate! e están expostos durante toda a semana nos andeis da entrada. Tamén tedes a posibilidade, unha vez que finalicen as actividades culturais no instituto de levar o caderniño a casa e rematalo utilizando- esta vez si- Internet. Xa sabedes que o grupo que entregue todas as cuestións completas correctamente terá un agasallo.

martes, 31 de marzo de 2009

A libraría máis fermosa do mundo



Se non tes un destino para estas vacacións, dende o Instituto Pino Manso queriamos suxerirvos unha idea: a fermosísima cidade de Porto. A viaxe ten moitas vantaxes: a proximidade lingüística e xeográfica, a vistosidade da cidade, a súa historia... Pero de entre todas, gustaríanos salientarvos unha que ten moito que ver cos libros: a libraría Lello&Irmao.






Fundada en 1906 é todo un prodixio da Arte Nova, como gustan denominala os portugueses, con trazos Neogóticos na súa fachada. Impresionan os seus vitrais e tamén a solemne escaleira. Pero non todo vai ser arte, que opinades do práctico carriño transporta-libros?


Esperemos que estas indicacións teñan froito e poidamos saudarnos neste emblématico edificio, para algúns a libraría máis fermosa do mundo.

lunes, 30 de marzo de 2009

Comeza a Semana de Actividades no IES Pino Manso


Mañá, a partir das 12,50 tédes unha cita na biblioteca para participar, xa sexa como xogador@s ou como mer@s espectador@s, no Torneo de Axedrez organizado pola Vicedirección e o profesorado implicado no Plan Valora sobre a Igualdade de Xénero.

E falando de axedrez, un libro de Rafael Laso Lorenzo recén chegado á biblioteca donde xógase unha dificil partida.


Despois do seu paseo polo monte, o protagonista desta novela curta non soubo voltar a súa casa. Alí empezou todo. Días despois perdeuse tamén entre as liñas do escrito, e máis tarde non lembraba tampouco os anos que ten, nin sabía en que día vive, nin recordaba sequera o seu nome. Comezou a fallarlle a memoria. Porén, o protagonista cre ter unha certeza: é campión do mundo de xadrez, o seu deporte favorito, e ten un novo contrincante cun nome raro: Alzheimer. Xoga ao xadrez contra a máquina, contra a memoria. Soña partidas. Lembra xogadas. Mestura movementos dunhas e doutras sobre os escaques do taboleiro. Memoria contra Alzheimer. Unha novela sobre o xadrez e o Alzheimer.