jueves, 21 de enero de 2016

Quen son?


Novo concurso á vista, relacionado co Proxecto Anual de centro deste curso: Os anos 60.
Nos paneis da entrada e do recibidor da biblioteca tedes unha exposición de persoeiros que foron célebres en diferentes campos durante esa década. Ata o 19 de febreiro podedes tratar de adiviñar quen son e a que dedicaron a súa carreira. Cando atopedes os datos, entregade na biblioteca xa que o primeiro que acerte os 41 nomes e profesións, ten premio. Despois, realizaremos un sorteo entre todas as respostas correctas.
A que esperades para participar?

No hay comentarios: