jueves, 2 de abril de 2009

Comecómics en acción

Despois de asormarnos ao mundo de Astérix e Obélix, estamos pensando en adentrarnos un pouco máis en Europa... concretamente Bélxica non parece un mal destino. Aí estannos a esperar Tintín co seu fiel canciño Milú.


Ao igual que con Astérix, os integrantes do club de lectura visionarán unha película e tratarán de establecer relacións coa obra na que se inspira. No caso de Astérix e Obélix contra César (Claude Zidi, 1999) foi relativamente fácil encontrar no film accións tan familiares coma as pelexas na aldea por mor da calidade do peixe, as escaramuzas contra os romanos e os banquetes de celebración das victorias; así como comprobar o grao de fidelidade do vestiario, paisaxes ou recreación da aldea gala. Tamén se reflexionou sobre a adecuación de determinados nomes como: Cayobonus, Detritus ou Edadepiédrix... Ao podermos acceder ao proceso de construción dos decorados e dos efectos especiais tivemos unha visión, se cadra máis desencantada -non eran romanos os que voaban polos aires-, pero si máis completa da película.
Esperemos que disfrutemos tanto na próxima butaca

No hay comentarios: