jueves, 2 de abril de 2009

Reunión do Club de lectura : Matilda

O mércores 18 de marzo tivemos a seguinte reunión do noso Club de lectura que xiraba en torno a lectura do libro de Roal Dahl, Matilda e a película do mesmo título cuxo director é Danny de Vito e aproveito estas liñas para comentarvos como se desenvolveu a mesma. Todos os membros participaron de xeito moi activo na mesma e aportaron opinións sobre Matilda moi interesantes. Quedou moi claro que a elección do título foi moi acertada e todos disfrutaron moito coa lectura e o visionado da película. Analizamos pormenorizadamente os personaxes, os episodios, a mensaxe que o libro pretende transmitir, as técnicas utilizadas na película para resaltar distintos aspectos dos personaxes ou escenas, etc. de xeito moi exhaustivo e, por último, comparamos o libro coa película todo isto nun ambiente moi participativo e relaxado. Creo que todos estamos desexando ler e ver as aventuras do próximo personaxe que é: O CAPITÁN ALATRISTE de Arturo Pérez Reverte do que temos os seguintes títulos na nosa/vosa biblioteca: Limpieza de sangre, El oro del rey, El caballero del jubón amarillo, o cómic El capitán Alatriste e tamén a película baseada nesta saga tan popular.





E xa sabedes: "A ler e a ver que son dous días".

Un saúdo
Olga Comesaña

1 comentario:

Davi e Raquel (4º ESO A) dijo...

A verdade e que e o libro, e a película, estiveron moi interesantes. Aínda así, o libro custounos un pouquiño a todos, eh?.Pero comentándoo entre nós acabámolo entendendo mellor, que senón! (Nota: Non máis libros en inglés!).
E creo que non se nos esquece nada máis, ou sí?.
De todas formas, esperemos á segunda reunión, a ver que tal!, que seguro que se celebra de contado.
David e Raquel (4º ESO A)