miércoles, 1 de abril de 2009

De viaxe con Darwin


Nesta semana estamos a viaxar con Charles Darwin na biblioteca. Celebramos o 200 aniversario do nacemento deste famoso naturalista e aínda máis, o 150 aniversario da publicación do seu libro A orixe das especies. A teoría que defendía nel supuxo unha verdadeira conmoción na súa época porque botaba por terra as bases do creacionismo: o mundo foi creado por Deus e algunhas especies extinguíronse por mor do diluvio universal. Para os defensores do creacionismo era unha auténtica aberración soster que as especies evolucionaran sen a intervención divina e aínda máis, que o mesmo home, feito en teoría a imaxe e semellanza da divindade, procedera dun simple mono.

Os libros e revistas que poden ser de utilidade figuran na guía !Re-evoluciónate! e están expostos durante toda a semana nos andeis da entrada. Tamén tedes a posibilidade, unha vez que finalicen as actividades culturais no instituto de levar o caderniño a casa e rematalo utilizando- esta vez si- Internet. Xa sabedes que o grupo que entregue todas as cuestións completas correctamente terá un agasallo.

No hay comentarios: