No ano 1980, nun esbozo da súa autobiografía, Carmen Martín Gaite refírese ao seu nacemento coas seguintes palabras:
Nací en Salamanca, el 8 de diciembre de 1925, a las doce de la mañana de un día frío y soleado. Esto de nacer a mediodía y con sol parece presagio de buena fortuna, según dicen los nigromantes; pero en mi caso, y sin ánimo de quitarle méritos al sol, creo que todo lo bueno que me ha pasado en este mundo (y lo que, siendo menos bueno, haya sabido aceptar o convertir en mejor) se debe al amor a la vida y la confianza que desde la infancia me inculcaron mis padres, ambos de una calidad humana excepcional.
Esta escritora soubo substraerse ao ambiente de mediocridade cultural e represión que se vivía nas primeiras décadas do franquismo. Unha das armas empregradas para vencelo , como lle sucede á protagonista do libro Caperucita en Manhattan, foi a literatura; tamén a axudaron as tertulias con prosistas da época como Ignacio Aldecoa, Jesús Fernández Santos e Rafael Sánchez Ferlosio, entre outros; en Madrid, convivindo coa bohemia estudiantil gañou o seu primeiro premio literario, (Un día de libertad, en 1953). A este recoñecemento seguiron outros máis e unha prolífica obra literaria (Entre visillos, 1958; Retahilas, 1974; El cuarto de atrás, 1978; …) aderezada con algunha outra de natureza ensaística (Usos amorosos del XVIII en España, 1950; Usos amorosos de la posguerra española 1987).
Muller inqueda , que sempre viviu para e da literatura, descubridora de novos espazos (da súa estadía en Nova York naceu o libro que abordamos nesta ocasión no noso club de lectura), finalizou o seu periplo vital en 1980, un periplo vital, que comezaba “aquel mediodía luminoso y frío del 8 de diciembre” no que :
… Mi madre contaba siempre que yo también los había mirado a ellos: que tenía los ojos completamente abiertos. «Como dos estrellas negras», dicía.
Na novela atoparemos, ademais de Rebeca, outros personaxes excéntricos que espertan a nosa simpatía: Miss Lunatic, Edgar Woolf e unha palabra máxica: Miranfú que leva a Sara cara a un espazo de fantasía e liberdade.
Aos usuarios do blog:
En que contos infantís se inspira Carmen Martín Gaite para escribir este libro?
Un está moi claro… procura semellanzas con el… pero e o outro….
Para sabernos máis de Carmen Martín Gaite podedes acceder aos seguintes enlaces: