Desde o pasado catro de outubro están circulando entre as clases de 1º ESO as maletas viaxeiras. As familias da rapazada de 2ºESO xa coñecen a experiencia porque o curso pasado puideron gozar delas en primicia. Este curso, axencíamonos unhas novas( porque, como acabaron as pobres do ano pasado con tanto trote...) e introducimos:
- Un libro en galego e outro en castelán.
 - Un CD de música.
 - Un DVD para gozar en familia.
 - Unha guía para que os pais entendan mellor aos seus fillos.
 - Un exemplar da revista National Geographic.
 - Un caderno en branco para todo tipo de achegas.
 
Esperamos que vos gusten. 
No hay comentarios:
Publicar un comentario