jueves, 13 de marzo de 2008

Nosoutros tamén celebramos o día 8 de marzo


Este venres, día 14 de marzo, terá lugar a "I Carreira da Igualdade". Para ir creando ambiente, uns trasnos descoñecidos empapelaron os corredores e o vestíbulo do centro con frases machistas e feministas dalgúns personaxes históricos.


Posiblemente os nosos queridos trasnos querían animarnos á reflexión; non satisfeitos con iso pegaron unhas fotografías ilustrando a relación entre as mulleres e o traballo. Tamén nos deixaron unha invitación para as Xornadas de Actividades (2, 3 e 4 de abril) na que presentarán o espectáculo "Cambio de Seso".

No hay comentarios: