martes, 15 de diciembre de 2009

Anxo Fariña no instituto


O pasado venres 4 de decembro estivo no instituto o ilustrador Anxo Fariña, grazas á editorial Xerais e ás profesoras do Departamento de Galego.
Falou ao noso alumnado de 1º ESO sobre o proceso creativo do seu libro Os Megatoxos e a espada esmeralda, ademáis de dar a receta para facer unha boa historia que o alumnado tentou cociñar con maior ou menor acerto. Contounos tamén que algúns dos escenarios do libro inspiráronse nos mosteiros da Ribeira Sacra ourensana e que mesmo algúns terroríficos personaxes saíron das súas gárgolas. Una oportunidade única para disfrutar dos seus debuxos e ter a sorte, como algún alumno, de converterse, por obra do rotulador e do enxeño, nun musculoso superheroe. E sen necesidade de pasar polo ximnasio!

No hay comentarios: