miércoles, 10 de junio de 2015

Artistas na biblioteca

Da colaboración entre o responsable da biblioteca do CEIP Fernández López e o noso equipo non soamente nacen os apadriñamentos lectores senón outro tipo de actividades, levadas a cabo na biblioteca, nos que os alumnos exploran o seu lado máis artístico.
A idea era sinxela: crear un cadáver exquisito. Aínda que o nome poda asustar, non é máis que unha obra creada colectivamente. En este caso, a partir dunha ilustración feita polos alumnos de 1º ESO que os nenos de 8 anos do cole deberían completar baixo a supervisión dos de 4º ESO de Atención Educativa.
Aquí  deixámosvos parte do que foi o proceso:





No hay comentarios: