sábado, 24 de noviembre de 2012

Con Agustín Fernández Paz

Deixo a crónica que o meu compañeiro da biblioteca Juan Carlos fixo sobre un encontro literario moi especial.

O pasado luns, varias das rapazas do clube de lectura de 4º viron cumprido un dos seus soños: coñecer persoalmente a un dos seus autores favoritos: Agustín Fernández Paz. Foi unha tarde emocionante para as máis declaradamente fans ( “habendo Justins Biebers!”, como sinalaba o propio autor ). Deliciosa para todos os que compartimos ao redor dunha mesa de cafetería repleta de chocolates, refrescos de cola e pasteis (“os escritores tamén comemos” ), a xenerosa conversa do autor de Cartas de Inverno.
Foron máis de dúas horas que nos semellaron dez minutos (mágoa que os empregados da ORA non entendan da elasticidade do tempo). Máis de dúas horas nas que Agustín nos embelesou contándonos dende os seus autores favoritos (Valente, Kafka,…), ata as diferentes etapas do seu proceso creativo. Dende a súa dedicación tardía á literatura ata o blog que ven de estrenar. Dende as anécdotas con algún dos seus moitos lectores adolescentes ata as súas películas favoritas. Falounos, por suposto dos seus propios libros. Dos que para el son máis queridos. Daqueles cuio éxito lle resulta inesperado. E trouxonos, como presente, un dos célebres cadernos de follas amarelas nos que manuscribe as primeiras versión das súas obras.
En resumo, constatamos unha vez máis o certa que é aquela frase de Tapies que reza: “Para ser un gran artista cómpre ser unha gran persoa”. Só agardamos que a “ aperta en grupo” con a que o despediron as rapazas do clube, non lle teña deixado secuela física algunha.


Grazas á profesora de Lingua  Dorinda Castro por facilitar o contacto e levarlles ata Vigo. Tamén á Juan Carlos e á nai de Xandra que fixeron posible unha tarde non lectiva donde as alumnas aprenderon moito. E, coma non, a Agustín pola sua xenerosidade.

No hay comentarios: