lunes, 30 de noviembre de 2015

Ata sempre, mestre

Imaxe vía Blogfesquío 
O pasado venres 27 despedíamos a semana lectiva cunha mala nova: o pasamento de D. Xosé Neira Vilas. Tiven a oportunidade e o pracer de escoitalo nos Encontros dos centros do PLAMBE no ano 2011 e non recordo unha ovación máis sentida e afectuosa que a que lle dimos os mestres e mestras cando rematou a súa intervención. Era o ano do 50 aniversario de "Memorias dun neno labrego" e ese curso a súa lectura uniu á gran parte da comunidade educativa do centro  nunha serie de vídeos nos que todos participabamos lendo ese libro que tanta pegada deixara no devir da literatura xuvenil en galego. 



E á nos, agora,  non se nos ocorre forma mellor de recordarlle que inaugurando un punto de interese na biblioteca coa seu obra esta semana. Nesa pequena mostra aparecen todos os libros que temos á disposición dos lectores:
- Memorias dun neno labrego.
- Xente no rodicio.
- Esperando o leiteiro.
- Pan.
- A marela taravela.
- Contos de tres mundos.
- Espantallo amigo.
- Remuiño de sombra.
- Aqueles anos de Moncho.
- A muller de ferro.
- Camiño bretemoso.
- Galegos no golfo de México.



No hay comentarios: