O pasado martes día 7 de xuño, como despedida dos clubes de lectura e premio para os axudantes de biblioteca deste curso, estivemos coñecendo a vila de escritores tan ilustres como Celso Emilio Ferreiro o Curros Enríquez. Paula, da Fundación Currós Enríquez, acompañounos ao longo da mañana, facéndonos partícipes desa maxia que ten Celanova. Ao longo do traxecto, os alumnos leron algúns dos poemas que ela nos fixera amablemente chegar. Un día para non esquecer do que vos deixamos unha mostra no seguinte vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario