Esta semana, grazas ao departamento de Lingua e Literatura Galega os grupos de 1º ESO tiveron un encontro coa escritora viguesa Ledicia Costas. Autora de libros coma O corazón de Xúpiter, Unha estrela no vento, Un animal chamado néboa, ...e o máis recente Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, nesta ocasión viña falarlles dun dos libros de lectura do primeiro trimestre: Escarlatina, a cociñeira defunta.
Ao longo de case unha hora Ledicia descubriu algúns dos aspectos que espertaran a curiosidade dos rapaces durante a lectura: o porque do nome da rapaza, o detallismo das ilustracións de Victor Rivas, como foron xuntar dúas cousas que a primeira vista parecen tan antagónicas como a morte e a cociña, que parte da realidade mais próxima ten cabida no proceso da creación literaria...
Unha actividade que rematou, grazas a amabilidade de Ledicia, coa firma firma de exemplares. Un pracer contar con ela sempre no centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario